mércores, 24 de novembro de 2010

Atletismo: resume tempada 2009-2010

A sección de atletismo do Noitebra F.C. vén de cumprir na tempada 2009-2010 o seu segundo ano federado, e, como xa fixemos na tempada pasada, é o momento de facer resumo do que foi a nosa actividade.


A Coruña 10. Noitebra e amigos

Foi una tempada de camiño cara a consolidación do equipo no circuíto das carreiras galegas, e damos conta de que así foi coa seguinte relación de carreiras e competicións nas que participamos:


Ampliamos con creces o número de participacións grazas a intensa actividade dos nosos atletas, que co seu esforzo desinteresado representaron ao equipo por toda Galicia en máis de 40 carreiras. Ademais debutamos en campionatos galegos federados de cros, na Pobra e en pista en Ourense grazas a Pepe e as súas gañas por probar cousas novas máis alá das competicións populares.

 Pepe no Campionato Galego Veterano de Cros na Pobra

Pepe no Campionato Galego Veterán en Pista, Ourense

A tempada non foi fácil e todos pasamos por malos momentos coas lesións (Manolo, Miguel, Jonal, Félix…), pero aínda así rexurdimos para seguir mellorando co paso dos adestramentos e carreiras. Sorte que a amizade que temos entre todos e o apoio mutuo nos fixeron esquecer as penurias de ditas lesións ou dos malos momentos persoais en carreiras nas que non se ten o día. Non me esquezo tampouco dos que aínda poidan estar a pasar malos momentos, e aquí estamos para o que poidamos facer.

Fernando, Jonal e Félix en Boimorto

Nacho en Boimorto

Tivemos este ano vellos e novos retos, rompendo a nosa marca en canto ao número de medio maratóns nos que participamos (7), repetindo asistencia ao duro Campionato Galego de Montaña de Esgos, e dando o asalto ao Maratón en Ourense con resultados inmellorables para todos nós.

Julio en Esgos

Miguel e Pepe no Maratón de Ourense

Pola parte que me toca como director desta sección, e porque sabedes que foi un ano no que tiven que loitar contra vellas lesións nas costas e xeonllos, non podo de deixar de agradecer os vosos esforzos por confiar neste club e polo apoio, ademais de apañar cos que non temos coche propio para ir ás carreiras… do cal non me esquezo e recompensaremos.

Manolo no Medio Maratón de Betanzos

Moncho e Jaime en Ames 

E chega unha nova tempada onde os obxectivos seguen a ser o de consolidarnos e mellorar na medida do posible a nivel individual e de equipo, sempre coa prioridade de pasalo ben entre amigos. E nese camiño imos coa chegada de novos reforzos en todas as categorías: Fran, Shaila, Moisés, Dani, Marcos G. e o noso gran valedor Marcos “SADEGA”.

Pedestre de Santiago

Grazas a tod@s unha vez máis, e espero estar a altura do que vos merecedes.

Miguel A. Nogueira
Director da sección de atletismo do Noitebra F.C.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo