luns, 22 de novembro de 2010

Atletismo: VI Carreira Popular de Vedra

De retorno polas carreiras da bisbarra coa participación do Noitebra na Popular de Vedra, de grato recordo polo 3º posto de Félix na súa categoría o ano pasado. Boa representación do noso club con Shaila, Fran, Jaime, Moncho, Jonal, Nacho e Miguel, para correr na mañá domingo, cun clima que nos respectou bastante.

Este ano, a participación practicamente se dobrou con respecto ao ano pasado, e a organización, coas súas modestas posibilidades, ofreceu aos corredores e corredoras diversos avituallamentos para recuperarse do esforzo.

Os resultados para o noso equipo non poderían ser mellores ao lograr Shaila o trofeo ao terceiro posto na categoría absoluta, polo cal a felicitamos con entusiasmo e a animamos a seguir así.

Shaila portando o trofeo á terceira clasificada absoluta en Vedra. Foto de Fran

O percorrido, igual que o da tempada pasada, tiña unha distancia de 7,5 km, nun circuíto de varias voltas pola zona, cun perfil composto por subidas e baixadas non moi fortes.

Percorrido

Perfil
Carreira Virtual


Ao final, esta vez non chegou a chover e tivemos tempo para cambiar a roupa e facer os comentarios post-carreira.

Tamén queremos felicitar a un vello coñecido do Noitebra, como Mallo, que vén de realizar a Behovia de San Sebastián, carreira de 20 km nun percorrido bastante esixente, e cunha participación de cerca de 21.000 participantes entre todas as modalidades.

Próximas citas para o Noitebra en decembro:
Valga, Ferrol, Lugo, Boiro, Pontecesures, Noia…


Clasificacións

Oficial aquí

@s nos@s:


Fotos do Noitebra na carreira

[Amosar/Ocultar]

Fotos de Fran:



Grazas a orbita (Correr en Galicia):















Fotos do noso veciño Carballeira (Correr en Galicia):










Máis no foro das fotos de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo