luns, 8 de novembro de 2010

Atletismo: XXXI Carreira Popular de Negreira

Case sen tempo para resumir o que foi a tempada 2009-2010 de atletismo, o domingo pasado iniciamos en Negreira una nova tempada chea de novos retos e coa intención fundamental de seguir pasándoo ven nos adestramentos e competicións por Galicia adiante.

A Carreira Pedestre de Negreira (vai pola edición 31) ten tamén bastante tirón na nosa comarca e non podíamos faltar á cita, representando ao Noitebra F.C. 8 dos nosos integrantes (Jonal, Fernando, Fran, S
haila, Julio, Jaime, Moncho e Miguel). A mañá do domingo, en principio amosábase inmellorable para correr (ceo lixeiramente cuberto e cuns 13-14 graos de temperatura).


No quecemento ben se podía apreciar o grande número de persoas coñecidas das carreiras populares da nosa contorna, o que facía se cabe máis agradable a carreira, aínda tendo en conta as costas arriba do percorrido.



Perfil

Percorrido
Aquí a carreira virtual

Despois duns minutos de acomodación da xente na nova liña de saída (este ano o duro percorrido da proba tiña unha variante na súa saída o que a facía chegar aos 10 km reais, ademais de ter control por chip), pasadas as 11.30h. comezaba a carreira dos adultos, e pronto a bonanza do día trocaba en choiva nos primeiros quilómetros cando aínda non tiñamos entrado en calor, o cal trastocou os plans dos que querían ir amodo (podemos dar fe de que moita xente se estaba a reservar para a carreira da vindeira semana en Ourense). O caso foi que para ir entrando en calor moitos tiveron que subir o ritmo ás primeiras de cambio, polo que non foi de estrañar ver bos tempos na meta.

Afortunadamente a choiva non foi a máis, aínda que na chegada tivemos que ir rápido ás duchas, que por unha vez ¡tiñan auga quente!. Ben pola organización, que cos modestos recursos como os dunha vila como Negreira sempre fan o posible por mellorar.
Felicitamos tamén a Fleky polo seu fabuloso tempo, como xa fixo na carreira de Santiago.


Clasificacións

Oficial aquí

Os nosos:



Fotos dos nosos en Negreira
[Amosar/Ocultar]
Grazas a Xabi (Correr en Galicia):





Por xentileza de orbita (Correr en Galicia):








Grazas a tarzan (Correr en Galicia):














Instagram

Patrocinadores

Arquivo