Intensa fin de semana por parte dos atletas do Noitebra, que se repartiron en diferentes probas celebradas en Santiago, Pontecesures, Boiro e Lugo.
O sábado 18 ás 12.45 h. Moisés participou no Campionato escolar campo a través (fase local) no Parque do Restollal (Castiñeiriño), competindo na categoría cadete, cunha distancia de 2.500 metros.
Moisés no Restollal |
Nunha boa mañá para competir, pero con frío, Moisés faría historia co noso club ao debutar como federado do Noitebra en categorías inferiores. Pechou o grupo da súa quenda a poucos segundos dos demais rapaces, pero tendo en conta que apenas leva uns meses connosco, sabemos que axiña irá progresando e mellorando os seus resultados en probas tan competitivas coma esta.
Circuítos do campo a través |
Clasificacións do campo a través
Cando se publiquen
O sábado pola tarde sobre as 17 h. Shaila, Pepe e Nacho participaron na XI Carreira Popular de Pontecesures, cunha distancia duns 4.400 metros. A protagonista do noso equipo foi, unha vez máis, Shaila, ao lograr o 3º posto absoluto e correspondente trofeo. Felicitacións da nosa parte e logo terás que ir aumentando o piso para gardar os premios...
Os nosos en Pontecesures |
Shaila no podio. Foto grazas a marinela |
Salientar a volta ás carreiras de Pepe despois da súa escordadura de nocello que lle impedira participar en Ferrol.
Clasificacións de Pontecesures
Cando se publiquen
O domingo ás 11 h. Shaila repetiría na VI Carreira Popular Mar de Boiro, duns 8.250 metros, finalizando no 4º posto absoluto cun tempo de 36 minutos 15 segundos (4:24 o km), no mesmo crono que a terceira, que lle arrebatou o podio no último intre. Rendemento sensacional por parte da nosa atleta despois do esforzo no día anterior e a fría maña.
Shaila en Boiro. Foto grazas a marinela (Correr en Galicia) |
Tamén o domingo pola maña, pero ás 12 h., participamos na IX Carreira Solidaria Lugo Monumental, coa presenza de Marcos S., Marcos G., Félix e Miguel, e a compaña de Javi, xefe do Oliveira Running, e Cesar C., futurible noitebro.
Moito frío como de costume na capital lucense,e bonita carreira onde as haxa, con volta incluída por riba da muralla medieval.
Perfil |
Percorrido |
Bo rendemento en xeral dos nosos, con atención especial ao noso promesa Marcos G. que segue a súa progresión, entrando entre os 15 primeiros da súa categoría.
Marcos G. iniciando a volta á muralla. Foto grazas a tarzan (Correr en Galicia) |
Máis fotos dos noitebros nas diferentes carreiras
[Amosar/Ocultar]