martes, 7 de decembro de 2010

Atletismo: XVIII Carreira Pedestre Gran Premio La Bella Otero (Cordeiro)

Carreira popular das chamadas clásicas a celebrada o pasado luns en Cordeiro. A pesar da festividade e do mal tempo, ata alí nos achegamos Nacho, Miguel, Jonal, Shaila e Fran, aínda que este non puido competir por molestias nun nocello, que aproveitaría nese mesmo día para tratar cun especialista de Catoira.

Nacho e Jonal na saída. Foto de Fran
Así e todo, como dicimos, a presenza de xente foi elevada, dando moito colorido á zona da carreira. Cun perfil do circuíto a percorrer deses demoledores, con costas arriba de forte pendente e baixadas prolongadas por pistas estreitas e rúas de diferentes aldeas, o que lle daba o seu encanto.


Perfil da carreira

Percorrido

A carreira en si mesma, como era de esperar, foi explosiva (ao ser non moi longa, cuns 6.400 metros de distancia), e cunha subida-muro que facía estoupar motores (ollade as fotos de moses e veredes), cunha parte final máis suave e rápida polas baixadas.
E o mellor no final: un ano máis, churrasco e bebida para todos os asistentes na casa cultural, que dende logo prestou moi ben ás horas que eran cando rematamos.

Churrasco ao finalizar a proba. Foto de moses
En definitiva, carreira moi entrañable, cunha organización moi familiar, pero de calidade e de moi bo trato ao corredor, o que lle dá maior valor engadido sobre outras con máis presuposto.

Finalizamos cunha felicitación para "Pelli" por conseguir o terceiro posto na súa categoría.


Clasificacións
Oficiais aquí

Os nosos:

Fotos dos nosos na carreira
[Amosar/Ocultar]
Fotos de Fran (Noitebra)












Fotos de moses (Correr en Galicia):









Máis no foro das fotos de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo