Como se adoita dicir, mellor non ter que acudir a un avogado, pero de ser o caso temos unha boa noticia para a comunidade do Noitebra: a colaboración con descontos a socios de Marcos Moure y Asociados, Abogados, no barrio do Castiñeiriño (fronte ao Corte Inglés).
Marcos é un vello amigo e socio do Noitebra F.C. que vén de poñer en marcha a súa empresa e polo cal lle desexamos prosperidade e sorte nos tempos que corren.
| Á dereita Marcos co seu compañeiro Daniel ás portas do despacho de avogados |
Como ben nos afirmaron, e indican na súa páxina web marcosmoure.es, o seu é un despacho de avogados multidisciplinar dirixido tanto a particulares como a empresas, onde todos os clientes recibirán un trato amable e eficiente co fin de solucionar calquera cuestión, problema ou preocupación xurídica que se lles presente.E damos fe disto cando nos recibiu para entrevistalo con motivo da citada colaboración.
Entón xa sabedes, no caso de necesidade: Rúa do Restollal, 79. Baixo (fronte ao Corte Inglés), O Castiñeiriño, Santiago de Compostela






