luns, 13 de decembro de 2010

XXV Carreira Popular Volta á Ría 2010, Memorial Adolfo Ros

O pasado domingo disputouse a XXV Carreira Popular Volta á Ría 2010, Memorial Adolfo Ros, con saída e chegada este ano en Ferrol, e non rexistrada como Medio Maratón por ter 200 metros menos dos regulamentados. Tamén se disputaba a distancia en cadeira de rodas.

Eramos varios os noitebros os que tiñamos pensado participar nesta carreira, pero, entre os problemas físicos duns e ocupacións persoais doutros, finalmente tocoume a min (Miguel) representar ao club, e de paso desquitarme da participación do ano pasado na que rematei desfondado e conxelado co frío. Nesta ocasión o tempo acompañou e moito, con temperatura primaveral en pleno decembro.

Foto de Miguel grazas a orbita (Correr en Galicia)
No obstante non estiven so ao viaxar da man de Arturo (Atl. Milladoiro) e coa compaña de Marina, Pelli e Ricardo, entretidos cos comentarios sobre a actualidade deportiva na nosa disciplina que destaca o que xa todos ben sabedes, e do cal Jaime nos achega este interesante enlace.

En canto á carreira, este ano variaba a súa saída, realizada dende a Praza de España en Ferrol, (tamén a chegada) con respecto ao ano pasado, que tivera lugar en Fene. Como se podía esperar pola bondade do tempo, había moita xente disposta a quentar os pés no asfalto do esixente percorrido da proba absoluta, cuxo perfil evitaba manter un ritmo constante polas abundantes subidas e baixadas ata o final. Tamén cabe destacar o numeroso público animando en case todo o circuíto da carreira.

Perfil
Percorrido

En canto aos resultados, non me podo queixar, e a base de doping de chuletón e churrasco fun buscando sensacións, indo de menos a máis, para rematar facendo un tempo mellor do esperado, tendo en conta que non fixemos aínda unha preparación específica para distancias próximas ao Medio Maratón. Xa veremos como queda o corpo para vindeiras competicións.

Os demais: carreirón de Arturo facendo marca, desfonde de Ricardo, paseo de Pelli e premio para Marola na súa categoría. Destacar tamén o bo papel de amigos como Manolo V. e Lourdes, tamén con premio na súa categoría.

E así foi a carreira, na que este ano a organización se estirou un pouco máis, ofrecendo bo avituallamento  ao finalizar (acuarius, barriñas de cereais) unha camiseta técnica, unha toalla e unha bolsa-maleta de regalo, aínda que é de salientar como detealle que, en boa parte do percorrido, tivemos que correr entre os coches.


Clasificacións


Fotos da carreira

Instagram

Patrocinadores

Arquivo