Outro fin de semana de carreiras do Noitebra. Nesta ocasión tocou regresar a Ferrol para participar na popular San Xiao. Ata alí se achegaron Félix, Marcos S., Marcos G. Pepe, Nacho e Miguel, coa compaña do nosos amigo Fleky, que retornaba á competición despois dun tempo.
O tempo respectou bastante aos case 500 corredores que finalizaron a proba, que tiña a súa saída as 11.30 h. O percorrido era duns 9.200 metros (non 10 km como figura na clasificación oficial), de perfil lixeiramente favorable para facer unha boa marca.
Os nosos tiveron resultados varios: bo papel de Marcos G., que segue coa súa progresión; Pepe na súa liña; Marcos S. con bo rendemento a pesar das súas molestias; e destacar en especial a Félix, con problemas estomacais, e a Nacho, con problemas musculares, que, a pesar de todo, finalizaron a proba dignamente.
En xeral boa organización e regalo de camiseta técnica, boa contorna para correr... que fan esta carreira moi recomendable.
Os nosos: