luns, 28 de febreiro de 2011

Atletismo: 5ª Interruning O Porriño

Cunha mañá de domingo inmellorable climatoloxicamente falando, tiramos para O Porriño Marcos G. Félix, Nacho e Miguel, coa baixa de Marcos S. por motivos familiares. Alá esperábanos a Interruning, unha carreira de 10 km cun circuíto propicio para facer marca (esa impresión tivemos o ano pasado).
 
Marcos G., segundo posto na categoría promesa. Foto grazas a Tito
 
Foto grazas a Gely
Como ben puidemos ver ao chegar, moita xente, máis que o ano pasado, e iso a pesar de ter que pagar inscrición e a pesar do campionato galego de vetarás en pista cuberta o día anterior e do campionato de España de campo a través en Haro (alá estaban todos os de élite). Antes de empezar puidemos felicitar coñecidos como Carlos “Gilito” e a Yolanda, despois do seu grandísimo papel no campionato de España de Maratón en Sevilla semanas atrás. 
Logo de quecer e despois de situarnos nos caixóns por tempos, saímos os máis de 1200 participantes a fume de carozo polas céntricas rúas da vila para completar a distancia nun circuíto case chan de 3 voltas.
 
Perfil

Percorrido


Foto grazas a Gely

 Excelente ambiente en canto a público, xa que a ocasión e o día así o propiciaban. E ao final bo recibimento na meta con rosca, froita, bebida e callos para repoñer forzas.

En canto aos nosos resultados a destacar o segundo posto de Marcos G. na categoría promesa, que para ser nunha carreira de tanta participación, ten moito mérito.
 

Foto grazas a Safardatxo
 
Clasificacións

Os nosos:

Instagram

Patrocinadores

Arquivo