martes, 8 de febreiro de 2011

Atletismo: III Carreira Popular de San Brais, Salcedo Pontevedra

A tarde do pasado sábado Manolo representou ao Noitebra na III Carreira Popular de San Brais, en Pontevedra. Carreira peculiar xa que os circuito transcorre por una zona onde converxen unha vella aldea con novas urbanizacións, e onde moitas das rúas son estreitas e curvadas, salvando desniveis de certa pendente.

Ditas particularidades condicionan a organización desta carreira polo que adoita ser habitual que a carreira absoluta se divida en diferentes carreiras segundo categoría. Manolo competía cos maiores de 34 anos, nun percorrido de algo máis de 4 km, que, como dicimos, era duro con subidas e baixadas continuas.

Foto de Manolo, grazas a Marinela
Como ben nos comentou o noso atleta, a dureza do circuito facía ir a 100, e costaba coller o ritmo, aínda que rematou con boas sensacións, e máis aínda polo bo trato da organización ao finalizar a carreira (rosca, chocolate, aquarius, así como varios sorteos de lacóns).

Tamén estivo por alí o noso amigo Fleky participando na súa categoría e gozando dun bo día para correr.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo