domingo, 13 de febreiro de 2011

Atletismo: X Carreira Popular Virxe das Dores, Lalín

O pasado sábado pola tarde, coincidindo coa celebración da Festa do Cocido en Lalín, representantes do noso equipo acudiron á Carreira Popular Virxe das Dores, incluída como parte das actividades e festexos desta data tan sinalada na comarca.

Foto Grazas a Gely (Correr en Galicia)
Foto Grazas a Gely
Pepe, Fran, Shaila, Manolo e Miguel foron os noitebros que participaron na carreira que xa vai pola súa 10ª edición, e cuxo circuíto de 8 km transcorría, en boa parte, polo bonito paseo do río Pontiñas (igual que sucedera na carreira benéfica celebrada fai non moito tempo). Ademais, este ano a saída e chegada situáronse moi próximas ao Lalín Arena, novo pavillón multiusos na vila.



Foto Grazas a Gely
As propias características do terreo facían que a parte inicial, con algunha excepción, resultase bastante rápida, deixando o difícil e duro para o final, cun último kilómetro de subida pronunciada e onde moitos sucumbían polo esforzo. Isto o puideron comprobar ao estudar previamente o terreo Pepe e Miguel, con 30 minutos de quecemento no propio percorrido.


  
Perfil

Percorrido

O caso é que tivemos moi boa tarde para correr, feito que levou a moita xente a participar (máis de 360 persoas na carreira absoluta), e sen dúbida o percorrido e a organización non defraudaron.

Foto grazas a Gely
 En canto aos nosos resultados, destacar o terceiro posto de Shaila na súa categoría e o bo tempo de Pepe, que logrou correr a un ritmo de 4 minutos/km a pesar da dureza final. A destacar tamén  o papel de Fran a pesar das súas dificultades por problemas de saúde, e o de Manolo que viña co posto (sen durmir, sen comer...). Miguel, a sabendas do perfil da carreira, en plan conservador para chegar enteiro a ese último km, rematando con boas sensacións.



Clasificación

Os nosos


Instagram

Patrocinadores

Arquivo