luns, 28 de marzo de 2011

Atletismo: 10 km Cidade Universitaria 2011. Vigo

Fría maña de domingo para competir nos 10 km Cidade Universitaria 2011, no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo, pero afortunadamente non chegou a chover. Esta semana tocoulle a Miguel representar ao equipo, e de forma particular á Universidade de Santiago.

Foto grazas a Marinela
O percorrido era nun circuíto de varias voltas polo campus, con algunha que outra subida e baixada, complicado polo vento que houbo case toda a mañá. Cabe comentar que por causa deste o crono e liña de meta caeron antes de comezar e tiveron que variar un pelo o tinglado.

Perfil
Percorrido

Outro dos detalles tivo que ver co confuso da situación dalgunhas marcas kilométricas, ademais das camiñatas para ir a polos dorsais, ao aparcamento, a pola camiseta e bebida de agasallo, ás duchas (por fin auga quente), etc. (indo dun lugar a outro constantemente), pero isto non quere dicir que a organización estivese mal.

En carreira ritmo forte de saída e a tratar de mantelo. A destacar a oportunidade de poder rodar uns kilómetros coa fenomenal Yolanda Gutiérrez e finalizar coa ilustre veterana Soledad Castro (ambas do Comesaña).

En canto ao tempo logrado, pois 37:59, cun promedio de 3:48 o km, que tal como tiña as pernas cargadas do adestramento semanal pois foi máis que suficiente, logrando rematar no posto 64 (38 na categoría senior) dun total de 656 que finalizaron a proba.

Para finalizar, entrega de premios (se non quedei durmido logo da actuación duns cómicos, pois para min que non deron trofeos na categoría senior???), sorteo de agasallos en boa compañía co noso amigo Pelli e outros rapaces do Fontes do Sar, e de volta para casa.

Clasificación dos universitarios aquí

Instagram

Patrocinadores

Arquivo