domingo, 20 de marzo de 2011

Atletismo: IV 10 Qm. Vila Xinzo de Limia

Nova carreira dos nosos este fin de semana. Nesta ocasión tocaba probar o domingo en Xinzo de Limia na súa IV Carreira Popular, con 10 km homologados. Foron da partida Pepe, Miguel, Manolo, e por alá tamén vimos a José Ramón.
Foto grazas a Gely
O perfil da carreira, completamente chan e propicio para facer marca. A iso ía Pepe, coa intención de baixar de 40 minutos, co axuda de Miguel, limitado fisicamente por un arrefriado e a febre.
A carreira constaba de 2 voltas nun circuíto que transcorría en boa parte a carón do río Limia.
Perfil

Percorrido
Foto grazas a Gely


 En carreira, saída a fume de carozo, pero logo fixo efecto o sol e a calor do mediodía (a carreira iniciábase ás 11.30h.).
Carreira sufrida de Pepe, que quedou moi próximo ao seu obxectivo e con gañas de logralo noutra ocasión. Manolo finalizou contento e con mellores sensación que en Padrón. E de J. Ramón sabemos que estivo ao seu nivel, como xa fixera en Porriño ou Padrón.

Foto grazas a Gely
 Clasificacións
Oficial aquí
Os nosos:
Foto grazas a Gely

En definitiva, boa impresión a que nos deixou esta carreira, tanto pola súa boa organización como polo circuíto na contorna do río, polo que esperamos repetir noutra ocasión.

Máis fotos no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo