xoves, 31 de marzo de 2011

Atletismo: XXXIII Media Maratón Popular de Coslada (Madrid)

Chégannos novas de Jonal que vén de participar na XXXIII Media Maratón Popular de Coslada (Madrid), celebrada o domingo 27 de marzo, e que como sabes entraba no seu plan de preparación da Maratón de Madrid.

 
 
Nun percorrido de perfil variante e duro, Jonal empregou un tempo oficial de 1h 32´ 18´´ e un tempo neto de 1h 32´ 11´´, quedándose a 11 segundos da súa marca persoal (1h 32´´) acadada en Pontevedra (de perfil máis propicio). 
 

Percorrido
Ademais, o noso atleta afirma que rematou cunhas sensacións moi boas (tiña como obxectivo inicial facela en 1h 35’ para non forzar), o cal lle dá moi boas lecturas pensando xa na Maratón.

O seu ritmo foi de 4´22´´/km, rematando no posto 160 de 539 atletas que finalizaron a proba.
 
Dende aquí dámoslle ánimos e desexámoslle sorte de cara o seu debut na proba maratoniana.
 
 

Instagram

Patrocinadores

Arquivo