martes, 12 de abril de 2011

Atletismo: Medio Maratón VigBay 2011

O pasado domingo os atletas do Noitebra participaron no Medio Maratón VigBay 2011.

Foto grazas a marcoss

Foto grazas a marcoss
A xornada iniciábase moi cedo pola mañá, ás oito, coa partida do autobús fretado polos amigos do Atletismo Fontes do Sar e que tiveron o gusto de compartir connosco: Shaila, Fran, Nacho, Fernando e Miguel.  Unha vez chegados a Vigo (Samil) xa se podía apreciar o grande ambiente desta carreira. Alí nos esperaban Carlos, Óscar e J. Ramón, así como centos de coñecidos doutras carreiras.


Foto grazas a marcoss

Foto grazas a safardatxo
 O día, de partida, parecía bastante propicio para competir ao presentarse nubrado e manterse a temperatura próxima aos 20 grados. Despois de quecer e de que cada un se colocase como lle viñese en gaña na liña de saída, a pesar de existir caixóns por tempos, arrincaba con grande puntualidade a carreira cunha participación multitudinaria e de récord.

Foto grazas a safardatxo
 A distancia a percorrer, 21.097 metros. O percorrido, Vigo, Nigrán, Baiona, cun perfil non propicio para marcas persoais, pero fermoso ao bordear en boa parte a costa. O sol fixo acto de presenza nalgúns puntos, complicando a carreira, pero pechouse camiño de Baiona, e incluso tiñamos vento de cara que aínda que freaba un pouco o ritmo, aliviaba a quentura que tiñamos.
Perfil
Percorrido
Foto grazas a safardatxo
O final, como sempre, durísimo, pero máis polo esforzo acumulado que polo perfil, e polo feito de ir vendo xa a meta na distancia uns kilómetros antes. No obstante, a pesar da dureza, temos que felicitar a todos os nosos atletas xa que lograron marcas persoais.
A satisfacción era evidente en todos nós na meta  (en especial nos debutantes: Carlos, Óscar, Fran e Shaila) a pesar do cansazo, aliviado en parte polo grande surtido de produtos dispoñibles para avituallar (froita, bebidas, iogures, xeados, rosca, etc.).
A satisfacción e bo ambiente continuou logo na comida de grupo e na viaxe de volta.

Foto grazas a safardatxo
 
Clasificacións
Oficial aquí

Os nosos

Máis fotos da carreira no foro de Correr en Galicia e na web da organización.

Vídeos da chegada en corriendovoy.com

Instagram

Patrocinadores

Arquivo