luns, 29 de agosto de 2011

Atletismo: III Carreira Popular Concello de A Pobra do Caramiñal


Novo día de competición para os atletas noitebros. Nesta ocasión a cita era na III Carreira Popular de A Pobra do Caramiñal o domingo ás 12 h. Estivéronnos representando Belén, Mallo, Óscar, Fran e J. Ramón. Como espectadora de luxo Shaila, recuperándose da súa lesión.
Foto grazas a tarzan
 
Percorrido


O percorrido consistía nun par de voltas a un circuíto practicamente chan ata completar uns 6,5 km (máis ben menos). A carreira é destas de ir a tope e complicada pola hora á que se celebra. É o terceiro ano no que o calor fixo os seus efectos sobre os corredores/as.







Foto grazas a tarzan
Moita participación nunha carreira na que o gañador masculino sería, como a semana pasada en Artes, Pedro Nimo. En mulleres gañaría Paula Mayobre. Destacar o esforzo realizado polos nosos, con Óscar como atleta destacado, e J. Ramón e Fran moi próximos ao tempo conseguido por Pepe o ano pasado. Non esquecemos a Mallo e Belén que volveron repetir carreira noutro día de calor.




Foto grazas a Bernal
Foto grazas a tarzan











Clasificacións
Oficial consultar aquí

Os nosos:


Foto grazas a Shaila

Instagram

Patrocinadores

Arquivo