luns, 12 de setembro de 2011

Atletismo: 20 Carreira Gundián 2011, Ponte Ulla (Vedra)

O pasado domingo pola mañá o Noitebra participou na 20 Carreira Gundían 2011. Foi case sen tempo para recuperar do día anterior, pero a tradición manda e non quixemos faltar a esta cita. Así, dobraron do día anterior en Ribeira, Pepe, Nacho e Miguel, que se atoparon alí con Moisés, Óscar, J. Carlos, e as que serán novas incorporacións ao equipo, Miguel T. e Marcos L.

Foto grazas a Marcos L.
     
Percorrido

Este ano a carreira recuperaba o seu paso polo alto da vella ponte do tren, enriba da capela de Gundián, e tan só variaba o percorrido orixinal nunha pequena parte da baixada ata Ponte Ulla. En total serían uns 4 km por un percorrido tremendamente duro, pero co grande atractivo do paso pola ponte así como polo trato da xente do lugar.
  
Perfil
 




A carreira, como sempre, con saída a aire de bomba de palenque e a dar caña polas costas arriba iniciais. O clima era aínda máis húmido que o sábado, notándose o bochorno na parte final. En canto a participación, repetirían tamén do día anterior Platas e Akka, primeiro e segundo respectivamente. En mulleres gañaría Raquel Pedrosa, sendo segunda Mela Penas.
Foto grazas a tarzan

En canto aos nosos, chegada a bloque de Óscar, J. Carlos e Miguel, seguidos de cerca por Pepe e Marcos L. que tamén debutaba na proba e catou as costiñas a Gundián. Moi boa careira de Moisés, que aínda sendo cadete tivo que facer o percorrido cos maiores, pero por sorte tivo a boa compañía de Miguel T. Nacho corría case na casa diante de familia e cumpriu con creces despois de correr o día anterior.
Ao final medalla, avituallamento e a esperar polos sorteos habituais.
Felicitar novamente á organización por permitirnos gozar dunha carreira deste tipo e a tan poucos minutos da casa.

  [Amosar/Ocultar]




 


Clasificación
Cando se publique

Máis fotos no foro de Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo