luns, 19 de setembro de 2011

Atletismo: V Carreira Popular Concello de Boimorto

Xornada histórica por o Noitebra Atletismo na V Carreira Popular do Concello de Boimorto, celebrada na mañá do domingo.
Walter na entrada a meta. Foto grazas a foucellas
Percorrido
Día completo o que nos esperaba en Boimorto, xa que os nosos, dende primeira hora cos máis pequenos competiron a un moi bo nivel. Marcos L. e familia, Manolo e familia, Pepe, J. Ramón, Fran, Raul, Jose, Julio, Óscar e Miguel estiveron presentes nesta carreira de 6,3 km con perfil variable e que tiña boa parte do seu percorrido por camiños de monte. 
Perfil







Fleky, ademais de acompañarnos, foi o noso chofer particular (mil grazas!!). Shaila acompañounos entre o público, así como outros coñecidos como Cesar (ficha xa!!!).

Xa nas carreiras da categoría chupete, un dos pequenos de Marcos L., Nicolás, conseguía triunfar, como o leva facendo nas últimas carreiras. E de grande ilusión (polo seu esforzo e traballo adestrando estes últimos meses par a par con Manolo) foi ver como Walter finalizaba 3º na súa categoría. Felicidades para ambos!!
Foto grazas a foucellas
Na carreira absoluta, tocaba tamén participar por equipos, e a cousa non estaba nada fácil polo nivel presente. No obstante o noso club presentaba un equipo case de gala para ir a tope a ver se tiñamos sorte. Competimos a bloque chegando a meta os catro atletas puntuables, Raul, Miguel, Óscar e Jose, en apenas 10 segundos de marxe; e moi preto tamén o trío formado por Fran, J. Ramón e Pepe, completando con creces os 6 atletas regulamentados para finalizar a carreira. Por se fose necesario tamén estiveron a bo nivel Marcos L. e Julio, que volvía a competir dende Esgos, sen esquecer a Manolo, que se está afinando para o relevo do Maratón de Ourense e posiblemente a súa participación no de Valencia.

O resultado foi inmellorable, cun 3º posto inesperado. Xusto é dicir que posiblemente o Coruña Comarca, que puntuou mellor, algunha incorrección cometeu na inscrición regulamentada, o que facilitou a nosa premiación. Aínda así, obtivemos a nosa mellor puntuación dende que competimos por equipos (109 puntos). Felicidades a todos, xa que sen o voso esforzo nada desto sería posible.
Foto enviada por J. Ramón
Foto grazas a foucellas


Ao final, bo avituallamento en meta e regalo de camiseta técnica. E o mellor a recollida dos trofeos e diploma por parte dos nosos con grande alegría polo logros acadados nesta cada día mellor Carreira de Boimorto.

Grazas á organización e Concello por todo o esforzo realizado.






Máis fotos [Amosar/Ocultar]

Foto grazas a foucellas
Foto grazas a Shaila
Foto grazas a foucellas
Foto grazas a foucellas


Clasificacións

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo