venres, 16 de setembro de 2011

Ricardo Abad en Santiago

O 350 resultou ser o número de maratóns que completou Ricardo Abad en Santiago. Na mañá do xoves acercámonos por alí para darlle o noso apoio para superar o seu reto dos 500 maratóns, como ben destacamos no post anterior.

Atendendo aos medios

En plena Praza de Abastos, Pronokal, parte importante deste desafío, ofrecía a posibiliade de facer medicións de altura e peso para logo determinanr  IMC (índice de masa corporal). Un servidor pasou pola proba cun peso de 56,9 kg, dos cales 4,1 kg correspondían a grasa (grado de obesidade -12,6%). Pouca recomendación me ofreron máis que seguir así.

Logo unhas palabras con este fenómeno, que xa ten un amplo historial de fazañas deste tipo, como poderedes comprobar no seu blog: http://www.ricardoabad.com

Foto na saída. Fonte: o seu blog
Ás 12 h. comezaba o maratón nun percorrido por Santiago, que calificou como duro. Non podía ser doutra maneira na nosa cidade.

Ricardo por Santiago. Fonte: o seu blog


Percorrido. Fonte: o seu blog

Ao final obxectivo cumprido en 4 horas e 21 minutos, e sen pausa, camiño xa para a próxima cita en Zamora.







Dende aquí trasladarlle as nosas felicictacións pola iniciativa e desexarlle o éxito final no reto pola causa: recaudar fondos para ANFAS

Patrocinadores

Arquivo