O Noitebra convoca a todos os seus ditrectivos, técnicos, deportistas, socios e amigos a participar na IV San Silvestre lúdico-competitiva na Alameda Compostelana que se celebrará o venres 30 de decembro.
Como vén sendo costume, esta carreira festiva sérvenos para celebrar o fin de ano correndo en boa compañía.
Os menores de 14 anos tamén terán a súa carreira que terá lugar antes das 21 h., dando 2 voltas á Alameda (uns 1.800 metros).
Os maiores correrán ás 21 h. dando 6 voltas á Alameda (uns 5,5 km).
A saída e chegada será no Paseo dos Leóns (imaxe).
Os deportistas federados do Noitebra que se ausenten á cita sen xustificación algunha, serán dados de baixa do club (INOCENTES!!!!).





