martes, 27 de marzo de 2012

Atletismo: Media Maratón Vigo-Baiona 2012

O pasado 25 de marzo o equipo de atletismo do Noitebra fixo a súa primeira viaxe organizada en autobús a un evento deportivo. O lugar de destino era Vigo, para participar na Media Maratón Vigo-Baiona 2012.
Foto de grupo grazas a Lidia

 
O cartel que portamos no parabirsas do bus
Boa parte dos noitebros inscritos optaron por formar parte da excursión en grupo, sendo baixa dela e da competición Dani, por temas familiares. Así, entre os da excursión e os que ían por libre, xuntamos 12 atletas do Noitebra, entre os cales había varios debutantes na distancia, como Puri, Víctor e Miguel T. Tamén nos acompañaría Lidia, amiga de Puri, á cal lle agradecemos moito o feito de exercer de delegada do equipo.

A excursión arrancaría dende o Estadio de San Lázaro ás 8 h. (sufrindo o cambio de hora de verán), e chegaríamos a Vigo sobre as 9.20 h., despois de irnos motivando ben no microbús e despois de cargar pilas co pasteliño elaborado pola nosa Shailiña. En Vigo, recollida de dorsais e preparación previa para a competición, atopándonos pouco a pouco co resto de noitebros desprazados e moitos outros amigos e coñecidos. Petada da batería do bus en pleno Samil, pero por sorte, xa estabamos ben dispostos para a carreira, e con varias horas por diante para resolver o problema por parte da nosa fenomenal condutora.

Saída puntual dende Samil, onde a pesar de organizarse por caixóns de tempos, cada quen fixo o que lle veu en gaña, como ven sucedendo ano a ano. Día nubrado pero con temperatura algo eleva da para a hora que era (sobre 20 grados, e iso que pola hora antiga viñan sendo as 9.30 h.). Logo cada un cos seus obxectivos particulares e a facelo o mellor posible.

Moita xente, ríos de xente, mellor dito, con máis de 4.100 atletas pola estrada cara Baiona, de coñecido perfil algo esixente ata o kilómetro 10, para logo ir baixando e cuns últimos kms medio chans que ían complicando o asunto polo esforzo acumulado.

Chegada multitudinaria, con moitos espectadores, e cun grande avituallamento esperándonos. Unha vez alí, agrupáronse os membros do equipo para ir compartindo impresións da carreira, onde puidemos constatar a grandes tempos logrados por Nacho, Fernando, e sobre todo o tempazo no debut de Puri, que mesmo remataría 5ª na súa categoría.

Foto grazas a Silvia
Ao final, mesmo chegamos antes que o bus, xa reparado, que logo duns intres de espera aparecería triunfal na avenida principal para situarse a escasos metros da zona das duchas de campaña case improvisadas na zona do parque de Baiona. Tamén estaría por ali recibíndonos e dándonos soporte Manel. Tal cola había que boa parte dos rapaces do equipo optamos por pegarnos o baño na praia, aproveitando que abriu o ceo e había unha temperatura moi agradable despois de suar a gota gorda e estar ben mollados.

Logo do baño/ducha viaxe cara Pontevedra onde nos esperaba un comida de grupo que ben puidemos gozar nun ambiente agradable e relaxado.

Chegada a Santiago sobre as 18.25 h., onde nos esperaba unha tarde de verán coas festas de San Lázaro de fondo na nosa entrada na zona do estadio onde inmortalizamos a aventura cunha foto de grupo.

Sen dúbida un día para non esquecer e que sen dúbida volveremos a tratar de facer cando teñamos que desprazarnos en bo número lonxe da nosa cidade.

Clasificación

Os nosos



Patrocinadores

Arquivo