luns, 26 de marzo de 2012

Atletismo: XXII Carreira de San Xosé, As Pontes

O pasado 18 de marzo tivemos representación na XXII Carreira de San Xosé en As Pontes. Por alí estaría Marcos L. para competir nun percorrido de perfil e superficies ben variados ao longo de 6,5 Km.

Foto grazas a Erika Caaveiro
O noso atleta quedou moi satisfeito coa súa carreira ao finalziar no posto 17 da xeral (de 135), cun 5º posto na categoría, facendo un tempo de 25:39 (3:57/km).

 
En canto á organización, boas valoracións dos participantes, que, a pesar da dureza do perfil e da choiva, quedaron moi satisfeitos.

En breve publicaremos a información das carreiras nas que participamos o pasado domingo 25 de marzo.


Patrocinadores

Arquivo