luns, 31 de decembro de 2012

Atletismo: XIII Carreira Popular de Pontecesures

Xa o sábado tivemos xente do Noitebra a celebrar o fin de ano de forma anticipada. Sería na XIII Carreira Popular de Pontecesures.

Algúns noitebros en Pontecesures. Foto de Silvia
A continuación a crónica por xentileza de Fran Méndez:

Foto grazas a Cristina
O pasado sábado 29 e en plenas festas de Nadal unha nova tropa de noitebros se acercou ata Pontecesures para disputar a XIII edición de esta carreira. Dita tropa estaría composta por: Amador, Fleky (que corría na casa), Mark e os seus rapaces, Abel, Mallo, Moisés, Nacho Rozas, Puri, Nacho Liñares, Juan, e un servidor (Fran), polo que contariamos con representación en tódalas categorías, e como de costume estariamos tamén moi ben acompañados e animados polas nosas familias dende as beirarrúas.
Foto grazas a Silvia

Este ano a proba acortou un pouco o seu percorrido para deixalo nuns escasos 4 Km. que como e costume e o ser o 1º practicamente chan saíu (tarde, tamén de costume) a un ritmo "endiañado" polo que moita xente petou xa nas primeiras costas sobre o km. 2, para afrontar logo outros 2 kms. de novo chans, o que propiciou que para algúns de nós fose a carreira máis rápida ata a data, e tamén resultase dura a pesares da distancia, e máis de un chegaríamos a meta coa lingua fóra.
Nacho R. no podio. Foto de Silvia

Dos resultados pouco se pode dicir, cada un na súa liña. Cabe resaltar os podios de Nacho R. (repetiría o 3º posto do ano anterior) e como non de Puri; tamén destacar a Moisés, que participaría por vez primeira na absoluta e catou nas súas pernas as costiñas de metade de carreira, facendo aínda así unha gran marca; e o seu pai, Juan, que suma unha nova carreira ao seu palmares, e non a ser a última.

A organización (estaría o noso Fleky colaborando) perfecta como sempre (agás polo retraso de saída, que, repito, xa é costume), con camiseta e isotónicas de agasallo ao remate, e este ano coa novidade de poder traer o dorsal confeccionado da casa, o que resultaría moi cómodo para evitar as colas e ter que chegar moi cedo ata o lugar da proba.
Foto grazas a Cristina

En definitiva, unha proba perfecta para despedir o ano en familia, na que levamos participando nas ultimas edicións e a que, salvo calamidade, volveremos o ano que vén...

Aproveito dende aquí, e de parte da Familia Méndez Muñiz, para desexarvos un Feliz 2013 a tódolos noitebros, así como as vosas familias e achegados, e brindar esta noitevella por que a todos nos respecten as lesións e poidamos seguir facendo kilómetros polo mundo adiante...

Bicos para elas e apertas para eles...


Percorrido e perfil
Percorrido grazas a Mark

Perfil


Clasificacións

Os nosos

  • Nacho Rozas. Posto: 3º
             Distancia oficial da carreira dos cadetes: 1,7 km.

Fotos

Patrocinadores

Arquivo