xoves, 12 de setembro de 2013

Noitebra BTT

O Noso campeón José Hermida

Saudos de parte de Jorge Cela, fai unhas semanas no blog anunciose o "ata logo" da sección de fútbol do Noitebra tras 13 anos de actividade, pero iso non quere dicir que non cheguen novas iniciativas ao club.
Tras uns meses de dúbidas e "castelos no aire", Martín Rei e servidor, coa inestimable axuda da directiva do club (en especial grazas a Miguel Anxo e José Bermudez), comprácenos anunciar que xa nos atopamos en trámites para a que será a creación da sección de BTT do Noitebra.



I Compostela BTT, o inicio de todo.

Tras varias saídas entre novatos nisto do BTT, a marcha celebrada durante as festas da Ascensión deste ano, foi quizais o empuxón que necesitabamos para decidirnos a realizar este proxecto, e tras algunhas reunións, saídas e "adestramentos", puxémonos en contacto coa Federación Galega de Ciclismo para coñecer os trámites a realizar, e agora mesmo atopámonos buscando material para a nova sección, patrocinadores e como non, xente disposta a formar parte desta novo proxecto.

Aínda quedan algúns meses ata que en 2014 demos forma definitiva ao proxecto, pero durante estes meses comezaremos a promocionar a nova sección, facilitar información sobre as marchas que se vaian realizando na nosa comunidade, e por suposto realizando reseñas das probas ás que asistamos, así que a modo de inauguración a continuación unha pequena reseña da que foi a II Ruta BTT do Tambre
Así mesmo calquera atleta ou coñecido que queira participar nestas marchas e unirse a nós, recibirémolo encantado, o mail da sección para calquera dubida é o seguinte noitebrabtt@gmail.com, ou a traves dos comentarios nesta entrada.



Perfil da proba

Ruta celebrada o pasado domingo 8 de setembro, onde o tempo acompañou, aínda que debido ao verán que tivemos había moitas zonas con gran cantidade de area e grava miúda que fixeron derrapar a máis dun (e ao que escribe saír voando, afortunadamente só cun par de rasguños como resultado). En canto á dureza unha proba alcanzable con boas zonas para rodar aínda que en dous puntos algunhas subidas longas e con inclinacións de mais do 20% fixéronnos botar o pé a terra nalgunha ocasión.
A organización excelente, bos avituallamientos, moi boa señalizacion (salvo unha cinta indicadora que se desprendeu ao final e tívome dando voltas 10 minutos ata que reencontrei o camiño) e que nos deixou moi bo sabor de boca e con ganas de repetir o ano que vén.
En canto aos tempos:

Martín Rey: 3:57:57 - POS: 136
Jorge Cela: 4:05:23 - POS: 145

Fotos da proba:






Cumpriuse o obxectivo de acabar con forza nas pernas e con ganas para enfocar a que será a próxima marcha á que asistamos, a XII Ruta Rapa Das Bestas:


Mais información desta e a inscripción a mesma a podedes atopar no blog http://www.bikestrada.com/


Instagram

Patrocinadores

Arquivo