luns, 23 de xuño de 2014

V Ruta Río Ulla en BTT


Ruta celebrada este pasado sábado 21 de Xuño polos arredores do concello de Touro, onde (Jorge Cela) asistín como único representante do Noitebra F.C.




Como vemos na imaxe do "track" da ruta, partindo dende Touro o percorrido chegaba as parroquias de Pena, Aldrén, Basebe...e compartía moitos tramos a beira do Río Ulla.



No perfil da ruta xa podíamos observar que non ía ser unha ruta sinxela, finalmente foron case 45 os kilómetros percorridos, sumados a uns 1400 metros de desnivel acumulado que ían castigar as pernas bastante.

Saída prevista para as 4 da tarde, xusto no momento onde rompía a chover un "diluvio" que duraría sobre 25-30 minutos, as chuvias destes días axudaron a asentar o terreo e a lama apareceu nalgúns tramos para facer máis divertida a ruta.
Primeiros compases atravesando Touro e adentrándonos por pistas rodadoras e fáciles ata chegar de súpeto a un "repeito" que fixo subir enseguida as pulsacións e entrar en calor de golpe, a tónica xeral da ruta era a de fortes e longas subidas que precedían a descensos longos e nalgunhas ocasións bastante técnicos.


Cruzando pequenos regos!


A chegada o avituallamento calculábase cara o kilometro 22 pero finalmente houbo que percorrer 25 pra chegar a él, alí fixen a parada de rigor e continuei coa ruta, ata o kilometro 30 ía a un ritmo medio por riba dos 10 km/h, o que entraba dentro das miñas aspiracions de baixar de 4 horas tralas boas sensacións da ruta pasada en O Pino, pero a partir deste punto as pernas comezaron a fallar e houbo que afrouxar, comecei a desfallecer ata que no kilometro 38 tiven que botarme o chao víctima dos "calambres", e tras uns minutos estirando e descansando puiden retomar a a proba e rematala a duras penas.



Chegando a meta sen forzas

En resumo, unha proba moi dura, que sumado o feito de non ter un día moi inspirado compricaron a cousa máis do esperado.


Instagram

Patrocinadores

Arquivo