venres, 22 de agosto de 2014

Atletismo: Carreiras de Corrubedo, Cambre e Muros

Outra fin de semana e de novo o noso clube saíu a disputar probas populares na nosa comunidade.

I Carreira popular de Corrubedo

Comezabamos igual que a semana pasada en territorio costeiro que nesta época é o que mellor presta, e neste caso na praia, as pedras e area de Corrubedo agardaban en xornada matutina por un bo numero de Noitebros para realizar 12km.

Primeira edición desta proba e sorpresas como a dureza e perigosidade de certas zonas por donde discurría o trazado, e algún erro de organizacion na sinalizacion deste e algún outro detalle que esperemos melloren nas futuras edicións.


Estes foron os resultados dos nosos:


Roberto Picón na zona de pedras.



XV Carreira popular Concello de Cambre

Xa en xornada vespertina, disputouse esta proba incluida no calendario de carreiras da Diputacion da Coruña, e ala foi Miguel Anxo a pillar algun punto para o noso equipo neste circuito no que o ano pasado fumos cuartos en homes e terceiros en mulleres.

Carreira de 7,5 km que empeza cunha importante baixada por asfalto para chegar a un paseo de terra pola beira do rio totalmente chan que fan que os atletas se embalen e logo o pasen mal nos últimos kilometros, porque todo o que se baixa toca subilo logo, e neste caso por monte e camiños estreitos. 

Miguel non chegaba nas mellores condicións a esta carreira, falto de entreno e saindo de certas molestias físicas, pero ainda así realizando unha mais que meritoria carreira quedando entre os 50 primeiros de mais de 500 participantes, logo de guiar en gran parte do recorrido ao compañeiro Ivan Segade, mostrando unha vez mais a solidariedade dos membros do noso clube axudando a este atleta con deficiencia visual.




III Carreira solidaria piscina de Muros

O domingo tocoulle a Dani Becerra e Amador seguir sumando puntos noutra proba do circuito da Diputación, neste caso carreira solidaria, se a semana anterior corrian en Lira, desta vez quedabanse uns km antes para disfrutar destes 5,5 km solidarios.

Carreira con perfil bastante duro comezando cunha subida de 1 km para ir quentando as pernas, e mais sube baixa para enfilar pola carretera xeral a meta, zona chan preparatoria para a ultima subida que definiria o gañador da proba, neste caso Roberto Caneda, Amador descolgouse do grupo de cabeza a falta de 500 metros para a meta obtendo a sexta posición final, Dani acadaba no posto 26 a piques de subir o podium na sua categoría.

A entrega de premios realizouna desta vez un grande do noso atletismo, Andres Diaz.

Carreira moi ben organizada con moitos voluntarios, camiseta, mochila, e un bo avituallamento.



Co Numero 1 , Jesus Bernal, que no prazo de unha semana disputou nada menos que 8 carreiras populares.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo