venres, 12 de setembro de 2014

Atletismo: ACCESO Ó ESTADIO DE ATLETISMO DE SAN LÁZARO TEMPADA 2014-2015

Un ano máis disporemos da pista de atletismo do Estadio Municipal de San Lázaro para os adestramentos.
Para poder acceder é preciso cumprimentar a solicitude que podedes recoller en horario de mañá nas oficinas do Departamento de Deportes do Concello, no propio estadio (Porta 1), ou ben polas tardes/noites na conserxería do propio estadio (tamén porta 1). 
A solicitude deberá ser acompañada dunha copia do voso DNI.
A entrega da documentación faise no Departamento (preferiblemente) e tamén na propia conserxería.
No caso do acceso dos menores de idade hai un modelo de solicitude específico que deberá cumprimentar un familiar adulto, que será o responsable do menor cando acceda ao estadio. De non dispoñerse deste modelo na conserxería do estadio terase que recoller no Departamento de Deportes.
O Club tratará de dispoñer de formularios de solicitude na tenda 39 Segundos para facilitar os trámites aos nosos deportistas.
Lembrade que os días habituais para adestrar en grupo no estadio son os martes e xoves dende as 20 h. aproximadamente, aínda que é habitual atopar xente do club de Luns a Venres neste mesmo horario.
Existe a posibilidade engadida, como club federado, de solicitar o uso das sala de acondicionamento físico do estadio. Para elo é preciso conformar unha lista de deportistas que poidan asistir de forma regular nuns días e horarios previamente establecidos ao longo da tempada.

Vémonos na pista!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo