mércores, 31 de decembro de 2014

Noitebra F.C. Boletín informativo decembro 2014

Chega o final dun ano pleno de actividade no club. E este mes de decembro non podía ser menos.

Sin Son



MM. Volta á Ría de Ferrol
Coa sección de atletismo a lume, participando nun bo feixe de probas. A destacar a xa tradicional Media Maratón da Volta a Ría de Ferrol, con Fran Méndez rompendo límites de nº de carreiras de longa distancia neste último ano;

A Sin-Son (e tamén Son-Sin para algúns), con recoñecemento especial e detalle para a nosa Shaila, que esta tempada deixo de estar federada.

A Curota
Na subida á Curota, Jose Iglesias e Carlos Buján estarían en plan estelar; unha nova vitoria de Amador Pena, pero desta vez combinando cunha cervexa por volta na milla de A Estrada;


Milla da cervexa

Éxitos múltiples noutra das millas, a de Ordes, cos García (pai e fillo) facendo podio (e o pai a pesar de vir facer a ultra de Betanzos a Santiago), e tamén podio para J.R. Abel, que suma e segue; a cita clásica coa carreira de Pontecesures, con podio de Brais Picón;...

E, como non, coa espectacular San Silvestre Compostelana, con moito laranxa entre a multitude.




Ribadumia. Faro de Vigo
En canto á BTT, mes de transición en dobre sentido. Poucos eventos organizados aos que asistir, pero tamén tivemos presenza na subida á Curota e, sobre todo, no espectacular Duatlón-Cross de Ribadumia (5km a pé + 18km en BTT + 2,5km a pé), onde Carlos Buján destapou o tarro das esencias cun meritorio 4º lugar na súa categoría. E, finalmente, colaborando, abrindo e pechando a marcha, na San Silvestre Compostelana.


Seguramente deixamos moitas cousas no tinteiro, pero eso é boa sinal de que o club está a ser moi dinámico.

Tamén finalizamos o ano cun novo reto para o club, dentro do programa de celebracións do noso 15 aniversario, e que pronto faremos oficial.

Isto xa no dá para máis, e só queda desexarvos un feliz 2015 a tod@s!!

A directiva do Noitebra F.C.

Instagram

Patrocinadores

Arquivo