domingo, 30 de outubro de 2016

Finaliza a tempada 2015-2016 de atletismo para o Noitebra FC

Fin de tempada na Pedestre de Santiago

 


Xa van oito tempadas dende que a sección de atletismo comezara a "correr" de forma oficial alá polo ano 2008. Moitas cousas teñen pasado, sobre todo boas, e aquí seguimos. Mal pese a uns, e para delicia doutros ;)

Esta tempada, que vén de finalizar cunha ampla participación de atletas do club na Pedestre de Santiago, o equipo demostrou o seu claro compromiso coas probas celebradas no Concello de Santiago, e así o plasmou coa vitoria do equipo masculino no CorreSan 2016 e, por primeira vez, subindo ao podio as nosas rapazas, co 3º posto!!


Foi un ano sen apenas individualidades en canto logros, onde se puxo de manifesto o valor do bloque, do equipo en definitiva.

Seguimos a participar en mil e unha batallas por Galicia adiante, en todas as distancias, e en todas as modalidades de carreira a pé. E así seguirá sendo unha tempada máis esta que entra, a 2016-2017.

Un ano máis deixaranos xente (cada un é libre de decidir onde quere estar, ou valorar onde pode estar). Agradecerlles ter defendido as cores e intereses do club. A porta sempre quedará aberta para o retorno, se se dan as circunstancias ;) E, como non, dar a benvida ás novas incorporacións, xa chegadas, e por chegar. 

Sobre isto último, incidir en que nos quedan poucas fichas libres para esta nova tempada. Lembrade que neste club non se sigue a filosofía doutras entidades, e preferimos grupos reducidos para tratar de desenvolver unha xestión próxima a todos e todas :)

Finalmente, e como todos os anos, animamos aos noitebros a participar nas carreiras e probas federadas do panorama galego, que hai para dar e tomar.

Que teñades unha boa tempada, con éxitos e sen lesións!

A directiva

Instagram

Patrocinadores

Arquivo