sábado, 11 de agosto de 2018

Mulleres ao poder na sección ciclista do Noitebra F.C.

Carreiras, trails, ciclismo e btts, duatlóns... actividade constante, non stop no Noitebra FC por toda a xeografía galega neste verán 2018! Toda actualidade semanal do club pode verse nas redes sociais, con Facebook, Instagram e Twitter, fundamentalmente.

María en acción
Pero hoxe toca, por fin, destacar a o que foi a fichaxe da primeira muller ciclista no club, María T., disposta a ampliar o número de disciplinas deportivas que practica, por se non lle chegaba o atletismo, e quen sabe se pornto tamén o duatlón.



A sección ciclista do Noitebra, modesta en número en comparación coa de atletismo e que conta con máis de 50 licencias, vai incorporando a deportistas con perfil de todo tipo, dende os que teñen gañas de competir aos/ás que lles gusta en xeral andar na bici. 

Antía, María, Jorge e Sergio
María tense incorporado con ilusión e gañas de probar cousas novas, arroupada polo resto de compañeiros e tamén coa outra nova compañeira, Antía C., que tamén se sumaría ao club e á sección apenas unhas semanas despois que María, compartindo a súa aficción pola bici de montaña.

Sen dúbida son boas novas para o club e para a sección de ciclismo, que vai pouco a pouco medrando cun proxecto diversificado e non só centrado na competición.

Iván, Sergio, María, Miguel e Martín
 Moita forza e kms compañeir@s!!

Pronto achegaremos más novidades dende a sección, sen esquecer os novos retos dos nosos integrates da sección de atletismo, que están a ultimar a súa participación nas 24 h. de Vigo.





Instagram

Patrocinadores

Colaboradores

Arquivo