Pois merecía a pena facervos unha reseña do que foi a tempada 2008-2009 cando vimos de rematala coa nosa Pedestre santiaguesa e estamos a piques de cumprir o primeiro ano oficial como sección deportiva no Noitebra FC.
A Coruña. Foto de equipo
Como poderedes ver, a actividade foi bastante frenética e supeoru todas as nosas expectativas. No seguinte cadro presentamos os lugares nos que algún membro do club estivo en representación do Noitebra ao longo da tempada:

Ao final participamos en máis de 35 carreiras (e seguro que olvidamos algunha) ao longo de toda a xeografía galega, sendo a gran maioría carreiras populares de ruta e algunha que outra de montaña e semicrós.
Brión. Félix e Miguel
Os nosos resultados foron bastante dispares, porque é complexo manter un bo nivel de forma durante todo o ano, xa que o habitual é rendir por ciclos, buscando na medida do posibe chegar no pico de forma aos obxectivos (carreiras) fixados. Non obstante, sen dúbida, unha das competicións onde maior progresión obtivemos foi na Media Maratón de Vilagarcía (Félix, Miguel, Michel, Nacho, Gonzalo), conseguindo melloras moi salientables.
Vilagarcía. Félix e Pepe antes de correr co NoitebraUn dos atletas máis destacados ao longo de todo o ano foi Gonzalo, que tivo unha progresión impresionante en menos dun ano, chegando a calificar entre os 20 primeiros en moitas carreiras, e logrando en varias ocasións algún trofeo na súa categoría. Este rendemento ten como recompensa a súa fichaxe na próxima tempada por un club con atletas de moi bo nivel en Santiago.
Outro dos ilustres do equipo, Félix, acadou, un ano máis, trofeo na carreira de O Pino (a súa carreira, e agora tamén nosa), como un dos mellores atletas locais.
O Pino. Félix, destacado a pesar do resfriado
Dos demais compoñentes destacar a valentía de Manolo na terrorífica Media Maratón de Betanzos, de perfil duro e correndo con máis de 30 grados.
Tamén destacar o papel de Jaime, Nacho ou o propio Manolo no durísimo Campeonato Galego de Montaña en Esgos (subida Rocas-Eirado), onde o difícil era xa acabar a carreira (zonas con desniveis de máis do 30%).
Tamén destacar o papel de Jaime, Nacho ou o propio Manolo no durísimo Campeonato Galego de Montaña en Esgos (subida Rocas-Eirado), onde o difícil era xa acabar a carreira (zonas con desniveis de máis do 30%).
Dende logo foi un ano cheo de experiencias, con bos momentos para compartir, e , coa chegada de Fernando e Pepe ao club no último tramo da tempada, gañouse en espírito de equipo, compañeirismo, axudándonos se cabe aínda máis a disfrutar deste deporte en moi boa compañía.
Ordes
O Grove. Fernando
Ames. Pepe
Gracias a todos por formar parte deste proxecto, xa que sen vós, que rompedes o corpo cada día nas pistas de San Lázaro e noutros lares sen esperar nada a cambio, nada disto sería posible.
Polo tanto, podo afirmar que chegamos con ánimos renovados para esta nova tempada 2009-2010, dispostos, ante todo, a seguir pasándoo ben, e dende o noso modesto equipo invitámosvos a todos os que queirades, a participar connosco para seguir medrando e gozando coas carreiras por Galicia adiante.
Miguel Nogueira
Encargado da sección de atletismo do Noitebra F.C.
Encargado da sección de atletismo do Noitebra F.C.



















