Amosando publicacións coa etiqueta BTT Tempada 2017. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta BTT Tempada 2017. Amosar todas as publicacións

luns, 25 de decembro de 2017

Pechando o 2017 no Noitebra F.C.

E outro ano que deixamos atrás cheo de actividade no Noitebra FC.

Como afirmou o noso Presidente na súa mensaxe de nadal, encaramos una nova tempada na que dicimos adeus aos que se foron, recibimos con alegría aos que veñen, e agradecemos a continuidade dos que xa levan tempiño connosco.


A sección de atletismo, una vez máis, multiplicaría a súa participación en carreiras e campionatos, levando bos botíns a xeito de trofeos, medallas e sobre todo de ledicia, en espacial coas nosas carreiras en Compostela.
Con novos proxectos xa en marcha , reforzando a sección feminina, acollendo máis rapaces nas categorías escolares, e sobre todo seguindo coa esencia de sempre, propia dun grupo de amigos e amigas que procuran no atletismo un divertimento, sobre todo no coa súa práctica e posta decidida polos eventos de Santiago e comarca.



Tamén remata una tempada ben viva na sección de ciclismo, abarcando máis competicións e novas aventuras fóra de Galicia. En especial este ano que remata, foi a realización e participación en actividades de irmandade con colegas e clubs doutros lares lonxanos á Compostela. Quedan aquí novos retos pendentes, na procura sempre de emocións fortes no monte ou na estrada.

So nos queda felicitar as festas e o novo ano a todos os noitebros e noitebras, así como aos seus simpatizantes.

Vémonos nas carreiras, xa sexa a pé ou na bici ;)

luns, 24 de xullo de 2017

Intenso verán no Noitebra F.C.

A actividade non cesa no Noitebra e así, os nosos atletas e ciclistas se teñen deixado ver no mes de xuño e xullo por diversas competicións por Galicia adiante.
 
En atletismo cabe destacar a participación no Campionato de Galicia de Montaña en Esgos, con importantes logros en forma de medallas para Carlos Buján (M40), Pepe Bermúdez (M55) Jose Iglesias (Senior) e Juanecho Rivas (M35).
Tamén teríamos representación na pista de Monterrei (Ourense) no Campionato de Galicia de Veteráns, con Miguel A. Nogueira (prata M35 nos 5.000 ml.) e Paco Moure.
En xullo tería lugar o Campionato de Galicia de 5K en Curtis, con premiacións para Dani Becerra (bronce M50), Carlos Buján (prata M40), e Miguel A. Nogueira (bronce M35).
En canto a carreira populares, entre outros méritos, cabe destacar o triunfo por equipos mixtos na Carreira Pedestre de Carballo, coa colaboración das nosas amigas Áurea Retamal e Yolanda Gutiérrez.

 

A sección de ciclismo tamén se deixou ver nestes últimos meses, coa presenza de Iván Nogueira e Manu Alonso no Desafío do Ézaro e Jorge García na Ancares Road Warriors, en canto a ciclismo de estrada, e Miguel A. Nogueira no Campionato de Galicia BTT Maratón de Lalín, entre outros eventos de montaña.
E, non, non pechamos por vacacións. Mentres outros presumen de encher o bandullo nesta época, no Noitebra temos plans para agosto en forma de  millas, cronos, 10K... súmaste?

mércores, 17 de maio de 2017

Nova participación do Noitebra no Desafío Terras de Turonio

Fermosa BTT de 103 Km na modalidade por parellas

Manu Alonso estaría acompañado de Sergio Mariño, do ACD Sanomedio (As Neves)


+Fotos

martes, 2 de maio de 2017

Noitebros na BTT 101 Peregrinos (Ponferrada)

A 101, unha clásica para a sección de ciclismo do Noitebra

Manu Alonso, Martín Rey, Jorge Cela, Fer Barreiro, xunto con Sergio Mariño (ACD Sanomedio, As Neves), finalizarían con éxito o reto


sábado, 29 de abril de 2017

Jorge Cela en representación do Noitebra na 4 Picos BTT de Pontevedra

Dura BTT que un ano máis contou con noitebros btteiros

Sería Jorge Cela o biker laranxa, e vicepresidente do Noitebra F.C., quen se atrevería co desafío. Páxara no KM 80 e avaría no desviador do cambio que o farían abandonar no KM 105 e con menos de 8 horas invertidas.


martes, 25 de abril de 2017

O Noitebra na fermosa e dura BTT dos Lobos (A Fonsagrada)

BTT na pura natureza na Fonsagrada con participación de noitebros  hai unhas semanas

Martin Rey e Fernando Barreiro gozarían/sufrirían nesta nova aventura


venres, 14 de abril de 2017

Participación do Noitebra nunha nova edición da BTT de Carnota

Jorge Cela e M. Anxo Nogueira percorreron os case 40 km desta ruta competida con clásica subida ao alto das Paxareiras

Vídeo da saída por xentileza da organización

Patrocinadores

Arquivo