luns, 24 de xullo de 2017

Intenso verán no Noitebra F.C.

A actividade non cesa no Noitebra e así, os nosos atletas e ciclistas se teñen deixado ver no mes de xuño e xullo por diversas competicións por Galicia adiante.
 
En atletismo cabe destacar a participación no Campionato de Galicia de Montaña en Esgos, con importantes logros en forma de medallas para Carlos Buján (M40), Pepe Bermúdez (M55) Jose Iglesias (Senior) e Juanecho Rivas (M35).
Tamén teríamos representación na pista de Monterrei (Ourense) no Campionato de Galicia de Veteráns, con Miguel A. Nogueira (prata M35 nos 5.000 ml.) e Paco Moure.
En xullo tería lugar o Campionato de Galicia de 5K en Curtis, con premiacións para Dani Becerra (bronce M50), Carlos Buján (prata M40), e Miguel A. Nogueira (bronce M35).
En canto a carreira populares, entre outros méritos, cabe destacar o triunfo por equipos mixtos na Carreira Pedestre de Carballo, coa colaboración das nosas amigas Áurea Retamal e Yolanda Gutiérrez.

 

A sección de ciclismo tamén se deixou ver nestes últimos meses, coa presenza de Iván Nogueira e Manu Alonso no Desafío do Ézaro e Jorge García na Ancares Road Warriors, en canto a ciclismo de estrada, e Miguel A. Nogueira no Campionato de Galicia BTT Maratón de Lalín, entre outros eventos de montaña.
E, non, non pechamos por vacacións. Mentres outros presumen de encher o bandullo nesta época, no Noitebra temos plans para agosto en forma de  millas, cronos, 10K... súmaste?

Instagram

Patrocinadores

Arquivo