venres, 15 de setembro de 2017

Aposta decidida do Noitebra F.C. polo CorreSan 2017

Logo dun verán de tolemia de competicións no Noitebra F.C., chega outra, ou non, senón paixón, como afirma o slogan do CorreSan 2017.

E xa é a sexta edición na que o club participará, con case 30 deportistas inscritos entre as súas dúas seccións (atletismo e ciclismo). O Noitebra aposta unha vez máis polo noso, polo feito en Compostela, como o leva facendo dende hai moitos anos. Gustaríanos ter máis xente participando, colaborando, etc., pero por uns ou outros motivos non podemos facer pleno.

Con todo, promete ser un CorreSan intenso no Noitebra, que comezará na tradicional Nocturna da Cidade Vella deste sábado 16 de setembro.

O 14 de outubro será a nosa proba grande, a carreira da Ruta da Prata en Angrois. Barrio que nos leva acollendo estes últimos anos con grande agarimo. Como adoita ser habitual, o Noitebra colaborará no desenvolvemento da carreira, e en días previos organizaranse quedadas para adestrar no percorrido.

A terceira proba, o 4 de novembro será tamén na contorna da nosa sede social, a carreira Ruta dos Parques, compartida polos barrios de Sar, Pontepedriña e O Castiñeiriño.

Finalizaremos cunha novidade este ano, o 2 de decembro coa carreira de Ponte Mantible-Vite, situando deste xeito unha proba na zona norte de Compostela.

A guinda do pastel a teremos, xa fóra de puntuación para o circuíto, coa San Silvestre o 31 de xaneiro. Este ano entra de balde no pack da inscrición no circuíto do CorreSan.

Vémonos por Compostela adiante.

+Info na web do CorreSan

Instagram

Patrocinadores

Arquivo