mércores, 18 de outubro de 2017

Ambiente festivo no CorreSAN Ruta da Prata de Angrois co Noitebra F.C. como club anfitrión

Arrincou con forza o CorreSAN 2017 coa nocturna da Cidade Vella, sempre co encanto de correr polas rúas de pedra de Compostela e fin no Obradoiro. Este impulso foi recollido polo CorreSAN Ruta da Prata, de especial significado para a AA.VV. de Angrois, e sobre todo para o Noitebra F.C. nestes últimos anos, que ben en forma de colaboración ou coa numerosa participación dos seus atletas, e incluso ciclistas metidos a runners, estreitaron lazos con este barrio compostelán que levaron xa a consolidar o asentamento do club no seu seo.

E a mellor forma de celebralo era a modo de festa, á que se sumaron moitos correlegas e os xa citados integrantes da sección de atletismo, que non dubidaron en acudir na súa maioría á cita ante a chamada feita dende o barrio.


Como sempre, isto non sería posible sen a co-organización Concello de Santiago-FGA, neste último caso da man de Iván Sanmartín, un dos motores do CorreSAN ano tras ano xunto co apoio da Concellaría de Deportes.

Garzas a todos por facer isto posible e animamos a participar nas dúas probas que quedan do CorreSan, que seguro que non nos deixarán indiferentes.

Vémonos nas carreiras!

Instagram

Patrocinadores

Arquivo