sábado, 24 de xuño de 2017

10 anos do histórico sub-campionato da Copa de Santiago logrado polo Noitebra F.C.

Corría o ano 2007 e o Noitebra F.C., dirixido no banco por Adolfo Jiménez, completaría unha das súas mellores tempadas na 3ª rexional de Santiago de Compostela. Como premio, o sub-campionato da Copa de Santiago, logrado fai xusto hoxe 10 anos.
Santa Isabel tinguiríase de laranxa para apoiar ao equipo noitebro ante un potente Sionlla, claro favorito na final. Final ao que Noitebra chegaría paso a paso, case sen querer, deixando no camiño a rivais importantes e moi peleóns.
 

Ao final do encontro non importaba a derrota axustada por 3-2 e en inferioridade numérica. A celebración rematou sendo por todo o alto, como a dun campionato.

Ese 24 de xuño o Noitebra desmostrara que, ademais de ser un grupiño de amigos que xogaban ao fútbol, se quería podía competir a gran nivel e deixar en evidencia aos mellores. Estes signos característicos seguen a día de hoxe no “adn” das seccións de atletismo e ciclismo.

A historia xa está escrita.

Forza Noitebra!!


Álbum do partido





Instagram

Patrocinadores

Arquivo