sábado, 27 de maio de 2017

E un día tal como hoxe, hai 17 anos, nacía o Noitebra Fútbol Club

 
Lembramos a xa clásica nota conmemorativa:
O Noitebra F.C. foi fundado o 27 de maio de 2000 en Santiago de Compostela por iniciativa de 8 xogadores que ata ese ano militaran no Ruanova F.C. Estes xogadores-fundadores foron: Enrique Álvarez-Pardiñas, José Ramón Bermúdez, Carlos Delgado, Luís Guerra, Domingo Sánchez-Guisande, David Tarrío, Ricardo Vázquez e Carlos Uriarte, que conformaron a directiva do club á que se lle engadiu un amigo dos anteriores, Breogán Xesús Castro para metelo na directiva e así non ter que metelo no equipo.
O que a directiva pretendía era facer ante todo un equipo de fútbol de amigos e competitivo. Así fóronse incorporando dous antigos compañeiros do Ruanova F.C.: César Ramón Porto e José Manuel Mallo e outros xogadores tamén coñecidos como: Jaled Al-Ajlani e Fernando Rey Pais, procedentes do Calo F.C.; Ignacio Otero, que xogara con anterioridade no Arcángel, César Hernández, Francisco Javier Otero e Alejandro Gómez-Ulla.
En última instancia incorporouse a este grupo de amigos José Jorge Raña como adestrador.

O resto xa é historia. A dun club que, pese aos anos, segue mantendo a mesma filosofía que a daquel entón.





Instagram

Patrocinadores

Arquivo