Aprobados por unanimidade en Asemblea Xeral Extraordinaria o 20 de abril de 2018.
* ESTATUTOS DO CLUB *
NOITEBRA FÚTBOL CLUB
CAPITULO I
NORMAS XERAIS
Artigo 1º
O Club NOITEBRA FÚTBOL CLUB é unha Asociación privada con personalidade xurídica
e capacidade de obrar, integrada por persoas físicas ou xurídicas, con
personalidade xurídica propia e capacidade de obrar, con domicilio na Comunidade
Autónoma de Galicia, que ten como obxecto primordial o fomento e o impulso da
práctica continuada dunha ou varias modalidades deportivas, así como a
participación en actividades e competicións deportivas calquera que sexa o seu
nivel e destinatario.




