Nova visita á cidade de A Coruña dos atletas do Noitebra, nesta ocasión para participar na V Media Maratón A Coruña 21, homologada pola RFEA e xa clásica no calendario da FGA.
Fran e Mallo. Foto: La Voz de Galicia |
Amplo número de noitebros nesta carreira celebrado a mañá do domingo, cuns cantos deles facendo “ensaios” para a Maratón de abril nesta mesma localidade.
Foto: Caamaño |
Como xa case é costume nestes últimos meses, domingo a priori non moi propicio para vestir de curto, polo frío e pola choiva que nos daba a benvida segundo nos achegábamos á cidade herculina.
Unha vez recollidas as minicamisetas e os nosos dorsais tocaba pensar en como protexerse do que parecía que ía ser unha carreira pasada por auga. E esta circunstancia nunha media maratón cobra bastante importancia. Quecemento pola zona para aclimatarnos, onde xa puidemos ver ao noso paisano Pedro Nimo preparándose para unha proba na que xa ten triunfado en anteriores edicións.
Marcos L. e Jorge G. Foto: Caamaño |
Logo se botou enriba a hora da saída, e grazas aos caixóns por tempos nos puidemos situar sen maior problema no lugar que nos correspondía. Pero o malo foi que chovía e chovía, sen que se realizase a saída, polo que a xente se comezaba a impacientar e molestar ao estarse mollando. E ao fin arrincamos para afrontar da mellor maneira posible os 21 km e pico. Ritmo vivo de partida, como case sempre que fai frío, e por tratarse dun circuíto practicamente chan. Menos mal que o día foi mellorando e ao final ata tivemos un día ben decente para correr.
Foto: Caamaño |
Moita xente había (case 1.200 persoas), con diversos obxectivos, pero está claro que os “populares” cada día se preparan mellor e así se reflicte no nivel. En canto aos nosos, obxectivos varios, pero destacar unha vez máis o feito de ter tres rapazas competindo, con Puri Bermúdez entre as mellores, Ángeles Vázquez correndo ata o final a pesar das molestias físicas que arrastraba, e Belén Noya gozando dunha carreira longa como non o facía hai tempo.
Foto: M. Rodríguez |
Foto: M. Rodríguez |
Foto: R. Suárez |
Na xeral masculina vencería Mohemed Boucetta e na feminina Fátma Ayachi. Destacar o 3º posto na xeral feminina da nosa amiga Yolanda Gutiérrez, e iso a pesar de non ir ao seu máximo potencial.
Foto: M. Rodríguez |
Se non o facemos antes, a próxima viaxe á Coruña será xa en abril para o Campionato Galego de Maratón.
Fotos de grupo grazas a M. Losada
Perfil e Percorrido
Clasificación
Os nosos
Fotos