O pasado domingo tamén tivemos representación na VII Interruning Piñeiro de O Porriño.
Sería Amador Pena quen se achegase a competir no rápido circuíto urbano desta localidade.
A pesar de coincidir coa Media Maratón de A Coruña, esta proba congregou, coma sempre, a un gran número de atletas (finalizaron case 1.400), que gustan da mesma polo excelente trato ao atleta e pola calidade dos participantes. Por fortuna o clima nesta zona perece que foi moi propicio para competir.
A carreira, de 10 km non homologados, desenvólvese en tres voltas sen apenas desnivel no perfil, pasando pola rúa principal da vila, facéndose así tremendamente vistosa para o público.
Foto: Alexha |
Amador faría unha sensacional carreira, meténdose case que entre os 50 primeiros, nunha carreira, repetimos, rapidísima (o gañador baixaría dos 30 minutos).
Vencería a proba Alejandro Fernández, e nas féminas a máis rápida sería Águeda Blanco.
De non darse coincidencias con outras carreiras importantes, esperamos participar en maior número en vindeiras edicións.
Percorrido e Perfil
Percorrido (volta) |
Perfil (volta) |
Clasificación
Os nosos
- Amador Pena. Posto Xeral: 52; Posto Categoría: 18; Tempo Oficial: 35:38; Tempo Neto: 35:35; Ritmo Oficial: 3:34; Ritmo Real: 3:34
Nº de atletas que finalizaron: 1.385
Fotos
Vídeos