mércores, 13 de marzo de 2013

Atletismo: 10 Qms. de Xinzo de Limia, 2013 (FGA)

O pasado domingo o Noitebra non fallou á cita cos 10 Qms de Xinzo de Limia.

Puri a un paso da victoria n súa categoría en Xinzo de Limia. Foto: Gely

Puri e Pirri estiveron presentes para completar o percorrido homologado pola RFEA, nun día onde o vento, como o día anterior en A Estrada, fixo acto de presenza, complicando o paso por algúns tramos.

Mañá fría e ventosa por terras ourensás, e menos mal que a choiva respectou bastante aos atletas que non querían perderse esta carreira do calendario da FGA.

Moi semellante aos 10 kilómetros de Padrón, a carreira de Xinzo tiña un perfil case chan, con dúas voltas a un circuíto semiurbán. Por desgraza o mal tempo privou aos participantes dos ánimos do público, escaso, ou máis ben resgardado nas vivendas.

Lugar inmellorable para aparcar e quecer onde o Pavillón municipal, pegado á que sería a saída e chegada da proba. Logo de prepararse conforme e debido para competir nas mellores condicións (nada de chegar e encher como noutras carreiras...), pronto veu a hora de colocarse na saída, onde case 300 atletas ben animosos ansiaban por comezar. 
Foto: Gely
E así foi. Aínda non habendo nivel de elite, o persoal arrincou a todo gas cara o centro de Xinzo, estirándose dende moi cedo o pelotón. 
Axiña poderíamos comprobar que, a pesar do perfil propicio, o día on ía ser para marcas persoais, xa que os dous último kilómetros da volta, se xa de por si eran duros por picar un pouco para arriba en certas zonas, ao ser espazo aberto o vento traballaba bastante, prexudicando especialmente aos atletas que rodaban en solitario.


En canto aos nosos, pois Puri, sen ter o mellor día atopouse con que rematou apenas a 10 segundos de lograr a vitoria na súa categoría, quedando pois sen premiación ao só concederse aos primeiros de cada categoría. 

Foto: Erik Alfonso
Pirri, aínda quente do día anterior en terras estradenses e coa semana de carga máxima de kmtrs. no seu plan para a maratón de Coruña, saíu a probar sensacións e tratar de ir cun grupo competitivo ate o final. Pero o tema non frutificou, xa que a meirande parte do grupo de referencia co que rodou foise desfondando xa entre o km 3 e 4. A consecuencia foi tirar para diante case que en solitario, facéndose a 2ª volta ben dura, especialmente nos últimos kmtrs. por causa do vento. Con todo, o esforzo valeu para entrar entre os 20 primeiros da xeral (que diferenza con Padrón, non? Onde estarían todas aquelas gacelas que correron por debaixo de 34 minutos??).

Gañaría a carreira José Manuel Fernández (si, con 33:30) nos homes, e Sonia Teijeiro nas mulleres.
Ao final avituallamento moi completo en bolsa dentro do Pavillón, e ducha quentiña en vestiarios con calefacción (que tomen boa nota noutros lares).

En definitiva, carreira xenial en canto a percorrido e organización, e mágoa que non estiren un pouco máis as premiacións, senón xa sería case perfecta.

Percorrido e perfil

Percorrido
Perfil
Perfil coas porcentaxes de desnivel

Clasificacións
Oficial (Championchip Norte)

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo