luns, 11 de marzo de 2013

Atletismo: II Carreira Nosa Señora de Lourdes, A Estrada (FGA)

Iniciou a fin de semana atlética o Noitebra coa II Carreira Colexio Nosa Señora de Lourdes, na Estrada, celebrada a tarde do sábado.

Amador no podio Foto: Ángeles Vázquez
A proximidade xeográfica do evento propiciou que numerosos dos nosos corredores se achegasen a esta peculiar carreira, disputada boa parte dela no propio recinto escolar.

Foto de grupo con J. Bernal
Tarde algo gris climatoloxicamente falando, caendo cada dous por tes chaparróns e, sobre todo, vento. Por sorte no momento de correr non choveu, e menos al, xa que unha parte do percorrido era de herba e terra.

Percorrido que consistía nunha serie de voltas moi reviradas polo recinto escolar, para logo saír pola estrada próxima, con costas arriba e abaixo incluídas, e co vento complicando a historia nos peores tramos. Finalmente completáronse aproximadamente uns 5,1 km reais (dos 5,5 Km oficiais).

Foto: catrogatos.com
O mellor viña ao final, cun abundante avituallamento a base de bocadillos, bebidas e chocolate quente con biscoito, e iso a pesar que logo si que comezou a chover, complicando a última carreira de pais e profesores do centro.

Foto: Atl. A Estrada
En canto á carreira dos nosos, un sensacional Amador Pena que rematará no 6º posto da xeral, logrando a 3ª premiación na categoría. Tamén excelente posto para Jorge, a poucos segundos dos postos de honra na categoría.
Gañaría a carreira Juan Pablo Fernández nos homes e Yolanda Gutiérrez nas mulleres.

En xeral podemos dar unha boa nota á organización desta carreira tan peculiar, aínda que menos mal que non houbo demasiados participantes (remataron algo máis de 100 persoas a carreira absoluta), xa que o circuíto do recinto escolar non daría máis de si con máis xente.
En breve máis crónicas das carreiras do Noitebra na pasada fin de semana.

Percorrido e perfil 

Percorrido
Perfil
Clasificación
Oficial absoluta (FGA)
Premiacións (FGA)

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo