luns, 8 de abril de 2013

Atletismo: I Media Maratón Festa do Pulpo, O Carballiño

O pasado domingo tivemos equipo representando ao Noitebra na I Media Maratón de O Carballiño.
O Noitebra no Carballiño. Foto: Mark Losada
 A continuación a crónica por xentileza de Fran Méndez:

Foto: Jeanette R.
Un día mais parte da "sección de longa distancia" do Noitebra desprazouse para participar nunha nova Media Maratón. Nesta ocasión trataríase da primeira edición desta distancia na vila de O Carballiño.
A expedición estaría composta por: Belén, Puri, Fernando, Nacho, Fleky, Jorge e eu (Fran), cos papeis en regra, e Mark que se inscribira "in situ" gracias a boa vontade da organización.

Ao chegares alá atopámonos cun día bastante desapracible, non tanto en canto a chuvia a cal xa estamos afeitos senón máis ben polo frío que se deixou notar, e afrontamos un percorrido que nos venderan como chan, pero para nada, xa que constou de 3 voltas  con sube-baixas, destacando o último km. de cada unha delas, pois picaba case todo para arriba. Dito percorrido discorreu polo centro da vila e por un paseo á beira do río, polo que resultou ser bastante vistoso.

Foto: Jorge García
O vencedor absoluto da proba sería Santiago López, e a primeira muller Sonia Teijeiro, e acadarían a meta algo mais de 300 persoas; pola nosa parte os mellores resultados chegarían unha vez mais pola parte feminina, acadando Puri o primeiro posto na súa categoría, e sumando Belén a súa 3º media en 3 meses, e xa pensa na próxima; en canto os homes e por orde de chegada a meta: o 1º seria Jorge, acadando unha gran marca pese ao perfil pouco favorable; seguidamente chegaría quen escribe acatarrado e probándose de cara a Maratón; por detrás entraría Fleky cun moi bo tempo tendo en conta o que esta a adestrar ultimamente; e a poucos metros Mark, que segundo nos comentou ao remate, púidoo facer mellor, pero tivo problemas cos cordóns das zapatillas. Completando o quinteto que loitou polos premios por equipos (esta vez non houbo sorte) chegaría Fernando; e por último, pero non menos importante Nacho, na súa liña e desfrutando da carreira.

Foto: Adán R.

Para rematar, falar da organización que foi de nota para unha 1ª edición, con camiseta técnica, bolsa do corredor e todo o circuíto ben acotado. Sen dúbida, se seguen así, en vindeiras edicións será unha proba que se consolidará no calendario.

 
Foto: Jeanette R.



En resumen, outra nova carreira máis que é apetecible para quen guste desta distancia e queira escapar de outras máis masificadas...



Percorrido e perfil
Percorrido
Perfil
Perfil con porcentaxes de desnivel

Clasificación
Oficial (organización)

Os nosos

Instagram

Patrocinadores

Arquivo