Triunfo por equipos do Noitebra F.C. na Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras 2013, disputada en Teo o pasado domingo.
O Noitebra no podio. Foto por xentileza de Mark Losada |
Día de sol e calor para afrontar os duros 11 km de distancia con saída e chegada na Ramallosa.
Foto: Silvia |
Saída puntual dos adultos ás 11:50 h., que nesta edición case que dobrarían a participación do ano pasado. Pouco despois, e correndo en simultáneo, tería lugar a carreira infantil-cadete-xuvenil, de 3,5 km de distancia, onde teríamos a Walter e a Moisés representándonos. Aquí chegaría o primeiro éxito para o equipo ao acadar Walter o 2º posto na súa categoría, rematando entre os 11 primeiros da carreira. Moisés remataría 6º na categoría.
Foto: Silvia |
Gañaría a carreira de forma moi clara Santiago López, sendo a primeira muller Purificación Fernández.
Foto: Silvia |
Foto previa á carreira. Por xentileza de Mark Losada |
E xa en nada chega o día dun novo reto co Maratón da Coruña. Domingo 21 de abril ás 8:30 h. da mañá, onde contaremos cuns cantos noitebros. Uns en mellor forma, outros en peor por causa deste extenso inverno... indo a gozar, na medida do posible, e cadaquén cos seus obxectivos. Teremos tamén representación nos 10 Km paralelos que se celebrarán en parte do mesmo percorrido dende as 9 h. Sen dúbida será un auténtico día para vivir o atletismo.
Percorrido e perfil
Percorrido |
Perfil |
Perfil con porcentaxes de desnivel |
Clasificacións
Os nosos
Fotos