luns, 22 de abril de 2013

Atletismo: Chamamento para II Carreira Solidaria Corre con Implicadas, Oleiros

Achegámosvos o chamamento que nos fan dende Implicadas para invitarnos a participar na II Carreira Solidaria Corre con Implicadas, que este ano se celebrará en Oleiros o domingo 28 de abril.
 
Boa tarde: 

Son Manuela, secretaria e voluntaria de Implicadas no Desenvolvemento (www.implicadas.com). Mándovos este correo para avisarvos que este ano celebraremos o vindeiro 28 de abril en Oleiros a II carreira solidaria Corre con Implicadas. O ano pasado sei que estivéstedes presentes na que se celebrou por primeira vez en Santiago e gustaríame, no caso de que poidades asistir e vos apetezca, que asistírades a esta nova edición. As inscricións fanse a través da páxina da Federación Galega de Atletismo (www.atletismogalego.org).
Ademais, quería pedirvos colaboración para ver se é posible que o Noitebra F.C puidese darlle difusión na medida das vosas posibilidades, á nosa carreira e así sumar moitos pasiños solidarios.

Moitísimas grazas por anticipado e un saúdo.


Como non podía ser doutro xeito, dende o Noitebra F.C.,  tendo en conta o motivo e causa e despois do sensacional trato do ano pasado queremos apoiar a iniciativa. Nos sumamos á invitación para animar aos noitebros a que participen tamén este ano no evento e tamén que o difundades entre amizades e familiares que queiran ir pasar un bo día a Oleiros.


A inscrición, como ven indica Manuela, faise a través da FGA, en concreto dende este link: http://www.atletismogalego.com/fga/pop_carrera.asp?id=4649

O prazo, ata o mércores 24 de abril ata as 22 h. e o donativo son 5 euros dende  a categoría xuvenil en adiante e 3 euros nas inferiores.

Máis información da proba aquí

Nin moito menos é esta unha convocatoria oficial polo regulamento da sección de atletismo do club, polo que ninguén debe sentirse obrigado a participar, senón que debe ser un acto voluntario e en función das posibilidades persoais. E os que vaian, tampouco teñen por que ir a competir ao 100%, como así se fixo o ano pasado.

Vamos, que temos que axudarlles!!

Abrimos pois listaxe de noitebros participantes para animar o tema (24/04/2013 18:10 h.):
1. Nacho Liñares
2. Miguel Nogueira
3. Ángeles Vázquez
4. Puri Bermúdez
5. J. R. Abel


Instagram

Patrocinadores

Arquivo