O pasado domingo día 21 de abril tiña lugar a gran cita do Maratón de A Coruña 42, que supuña o día D para algúns atletas do Noitebra nesta tempada.
Ramón Alende, o que máis metros fixo o domingo. Foto: R. Roig. |
De forma paralela se disputaba un carreira de 10 kilómetros onde tamén tería representación o noso club.
Ás 8:30 h. tiña lugar a saída do Maratón, con apenas 7 grados de temperatura, pero case sen vento e ceo despexado, o que presentaba un bo panorama para o que ía ser o asalto aso 42 km. Percorrido de 3 voltas duns 14 km, case chás (porque subir á Casa do Home e ao Obelisco... chan non era...).
Foto: R. Maisán |
Como era de esperar, saída rápida polo fresquiño da hora, pero pronto se foron conformado os grupos de ritmo segundo pasaban os kilómetros. Así, a Jorge o podíamos atopar no macro-grupo do globo-lebre das 3 horas, e detrás, non moi lonxe se situaban Fran e Mark. No grupo das 3:30 viña xa Ramón, e algo máis atrás Rubén. Por diante de todos eles, e case que en solitario a maior parte do tempo por escoller un ritmo polo que poucos optaron, Pirri.
Co paso dos kilómetros, e como é lóxico comezaba o cansazo nas pernas, especialmente a partir da 3ª volta, onde nalgunhas partes comezaba a facer acto de presenza o vento (pero nada que ver co ano pasado). A pouco de iniciar esta volta, no km 29 abandonaría Pirri por cargas nas pernas e amago de cambras, cando ía marcando ritmo obxectivo para rondar as 2:54 h. na meta.
Foto: R. Maisán |
Aguantaría moi ben Jorge, que se iría desmarcando do macro-grupo das 3 horas, para rematar na meta folgadamente por debaixo dese tempo, e sendo este o seu debut na distancia.
Logo Fran, o que en peores condicións partía na carreira por atravesar un proceso gripal-catarral, iría manténdose ata os últimos km, onde comezarían as molestias musculares e esgotamento, pero, inda sen cumprir o seu obxectivo de baixar das 3 h. logrou rematar con marca persoal na distancia e conseguindo a ansiada medalla.
Pouco que Fran chegaría Mark, que partindo semanas atrás con moitas dúbidas no seu rendemento, logro debutar cunha marca moi próxima ás 3 horas, que non está nada mal.
Foto: B. Rodríguez |
Xa algo máis atrás chegaría Rubén, con marca persoal e chegando como unha rosa á meta.
E finalmente Ramón, que como anécdota (maldita dirá el), fixo metros de máis xa que os xuíces non o dirixiron cara a meta, senón que o mandaron facer outra volta máis... Menos mal que desfixo os seus pasos para entrar como tiña que ser en María Pita, pero con máis metros que os demais e perdendo tempo e postos (de feito Rubén superouno por este contratempo).
En definitiva, resultados moi satisfactorios dos nosos maratonianos, que viviron un día de auténtico atletismo polas rúas da Coruña nun mañá ben fermosa. Parabéns a todos eles!!! e agora a recuperarse ben dos esforzos. Neste sentido o club, e coa colaboración de Jaime Rivas, ofrécelles un desconto do 50% nunha sesión de fisioterapia para que poidan descargar ben a musculatura. Poderán facer uso del cando o consideren oportuno.
Lembrar tamén aos que foron quedando no camiño e nin puideron participar, como Dani Noya, Pepe Bermúdez, J. M. Mallo, que por diferentes doenzas viron truncadas as súas posibilidades. Os nosos ánimos para eles e que se recuperen pronto...
Ás 9 h. comezaría a carreira dos 10K, de perfil moi chá, propicio para marcas en comparación co de A Coruña 10. Destacar as boas marcas logradas por Amador e tamén por J.R. Abel. Quen nunha primeira instancia figuraba en posto de honra na categoría sería Puri, pero logo sería rectificado por tratarse dun erro. Belén, mellor carreira tras carreira, e Nacho, que, de igual xeito que Ramón, fixo kilómetros de máis por non desviarse para a meta en María Pita.
Agradecer a todos os que nos viñeron apoiar e axudar nun día moi longo, en especial a Fleky, home multi-tarefa o pasado domingo, así como a Amador e Belén que se ocuparon de axudar aos que peor ían chegando á meta. E moitas grazas aos que nos animaron sen parar a cada volta que pasaba... Sen dúbida nos axudaba a seguir adiante.
Toca facer valoracións do que foi a organización, que hai que dicir que estivo de nota, polos avituallamentos, fisioterapia, garda-roupa, medalla (moi coruñesa ela), e que salvo faios na arbitraxe que provocaban confusións nos atletas no paso das voltas (polos dobrados, pola xente dos 10K, era tamén comprensible...), pódese dicir que estiveron a unha gran altura. Pero... non todo son luces. Cando menos considero que foi unha desconsideración de cara aos atletas federados pola FGA ternos feito pagar o mesmo prezo de inscrición que os atletas populares. E non é porque sexamos mellores ou superiores, é polo feito de que por dereito, por pertenza, nos corresponde. Entendemos que resultaba caro á Federación volvela facer gratuíta a federados como o ano pasado, pero o colmo foi xa poñer marca mínima nun maratón para poder participar no campionato galego (máis esixente incluso que para o campionato de España, celebrados en simultáneo. Loxicamente nos rexeitaron, e non figuramos no noso propio campionato...). Con isto o que quero dicir, e sempre a título persoal, é que neste aspecto foi todo unha chafallada, poñendo escusas dende o primeiro intre para cobrar, e coa pouca delicadeza de non ter un trato especial aos seus atletas federados. Iso si, cartos para poñer grupiños musicais para animar ¡¡ao público!!, porque xa me diredes que atención prestamos os que corremos... e para adornar a cidade con cartelería inútil por toda a cidade de que na Coruña corremos así... e andando... e outras merdas varias non propias de tempos de precariedade económica... para iso si que soltamos tela. E total para que na meirande parte do percorrido non houbese nin dios animando na rúa (bueno, algúns borrachíns polo paseo marítimo...). En fin. A culpa xa e miña por tragar e participar... Non dubidedes que os nosos federativos en Santiago coñecerán a miña opinión/valoración.
Pasamos logo páxina con dores por todos os lados, pero xa pensando no inmediato da fin de semana, onde concentraremos a nosa actividade atlética nos seguintes eventos:
- VII Carreira do Corgo (Corrubedo): sábado 27 ás 17:30 h.
- I Carreira Pedestre Popular Concello de Oroso: sábado 27 ás 17:45 h. (absoluta).
- IV Travesía do Xalo, Culleredo: domingo 28 ás 10 h.
- II Carreira Solidaria Corre con Implicadas, Oleiros: domingo 28 ás 11 h.
Percorrido e perfil maratón
Percorrido |
Perfil |
Perfil con porcentaxes de desnivel |
Clasificacións
Os nosos
A Coruña 42
10K
Fotos:
Vídeo: