venres, 2 de agosto de 2013

Atletismo: VI Media Maratón Nocturna de Ponferrada e I Carreira do Carneiro ao Espeto en Moraña

Logo do loito polo tráxico suceso da semana pasada toca seguir adiante coa actualidade atlética do club.
José R. Abel no podio de Moraña. Foto: Patricia Iglesias
Hai unhas semanas os nosos atletas estiveron presentes na VI Media Maratón Nocturna de Ponferrada e na I Carreira do Carneiro ao Espeto en Moraña.
Comezamos coa crónica de Ponferrada realizada por Fran Méndez:
O pasado sábado 20 de Xullo celebrouse a VI edición da Media Maratón Nocturna de Ponferrada, e nesta ocasión o Noitebra dobraría a súa representación con respecto ao ano pasado, xa que acudiriamos Raúl Iglesias mais eu (Fran)... tamén contariamos co apoio loxístico e anímico dos pais e o irmán de Raúl e Shailiña e Pedriño pola miña banda.

Da carreira pouco máis se pode engadir ao que aportei o ano pasado, organización estupenda con magnifico trato o corredor, perfil levadeiro aínda que como na edición anterior o calor deixouse notar (27º graos ás doce da noite cunha alta humidade) e gran ambiente nas rúas, aínda que algo menos que na edición anterior. A proba foi gañada por Manuel Hurtado, e encanto a nós, Raúl chegou coa intención de facer a carreira a ritmo de 4 min/km, pero logo se decatou que o clima non acompañaba, sumado o tempo que levaba sen competir nesta distancia, polo que ao final, aínda que sufrindo, rematou dignamente e o que é máis importante, sen molestias de ningún tipo; e pola miña banda, como xa me tocara sufrir o ano pasado, desta volta agarreime coma un carracho ao globo de 1:30 para "gozar" da carreira e acabar máis enteiro que na edición anterior.

Ao remate, festa no estadio de atletismo en compaña das nosas familias e degustando unha abundante paella, e apuntar con respecto ao ano anterior dous detalles: o bo foi o pasar correndo pola beira do Castelo que nos estaban a agardar os Templarios vestidos de gala e cos estandartes para animarnos, foi impresionante; e o malo a falta de medalla conmemorativa (deran unha moi fermosa de cristal) máis as cañas, que este ano tamén había, pero pasando pola caixa... de tódolos xeitos convídovos a todos a participar nesta proba que de seguro vos vai a encantar...
Foto: Maribel Piñeiro

En canto á carreira de Moraña, tivemos a Óscar Valle, Jorge García, Anxo Munín e J. R. Abel dando o callo nos 8 km da proba. Subiría ao caixón este último cun 3º posto na categoría.

 




Os nosos:

Fotos e vídeo

Instagram

Patrocinadores

Arquivo