venres, 9 de agosto de 2013

Atletismo: +10 Manuel Rosales de Marín, Carreira Popular de Mesía 2013 e XXII Milla Urbana de Ares (FGA)

A sección de atletismo segue activa en verán. A pasada semana tivemos representación no +10 Manuel Rosales de Marín, na Carreira Popular de Mesía 2013 e na XXII Milla Urbana de Ares (FGA).
Foto: organización
Homenaxe ás vítimas de Angrois en Marín e podios para J. R. Abel e Amador Pena en Mesía e Ares respectivamente.

Foto: Lucía Doval
O venres estarían nos +10 Manuel Rosales de Marín Nacho Liñares, Ángeles Suárez, Manolo Moure e Walter Rosales. Carreira nocturna con gran acollida na zona e máis de 400 participantes, que renderían homenaxe ás vítimas do accidente de Angrois así como aos seus veciños, sendo Manolo e Walter protagonistas xunto aos seus veciños que acudiron en representación.
 
O sábado teríamos a J. R. Abel na Carreira Popular de Mesía 2013, competindo na mini-carreira duns 6 km e na que lograría o primeiro posto na súa categoría.

 
Finalmente, Amador Pena achéganos a súa experiencia na XXII Milla Urbana de Ares (calendario FGA):
O sábado pasado achegueime a Ares a disputar a milla deste pobo por varios motivos. Un deles non poder asistir o día anterior a Marín, outro probarme dunhas molestias nas costas, e que mellor que unha distancia deste tipo, e porque parece que lle pillei gustillo a isto das millas, ejjeje.

Moi bo ambiente en Ares. Correriamos xuntos as categorías masculina e feminina de cadete, xuvenil, junior, promesa, e senior. Antes as categorías inferiores e despois as de veteráns.

Xa quentando e na liña de saída, parecíame que o nivel viña do lado da xente máis xoven, rapaces finos e musculados que andan coma foguetes neste tipo de distancias.

Saín con relativa calma recuperando posicións. O percorrido transcorre por un perfil totalmente chan polo paseo marítimo da vila de Ares. Xusto ó chegar ao xiro de 180º situeime terceiro a pouca distancia do segundo clasificado, o cal me peguei pouco antes de chegar á meta, pero as pernas non deron para poder adiantalo.

Despois de estar toda a semana sen adestrar máis que contento co resultado acadado: 3º na xeral e 1º senior.

Tocou ducharse na auga do mar e só recibimos a medalla entregada pola Deputación por ser esta proba pertencente ó seu circuíto, pero polo demais todo moi ben.

Se coincide ben intentaremos volver o ano próximo.

Clasificacións
Marín (Oficial Championchip Norte)
Mesía (Mini-carreira Oficial do Concello)
Ares (Oficial FGA)

Fotos e vídeo
Fotos Marín: Correr en Galicia
Vídeo Marín: Championchip Norte (Youtube)
Fotos Mesía: Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo