venres, 16 de agosto de 2013

Atletismo: XX Carreira de Lira e XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA)

Seguen as carreiras de verán para os atletas do Noitebra con participación na XX Carreira de Lira e na XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre (FGA).
Foto: A.C. Canle

Foto: A.C. Canle
O sábado día 10 pola tarde contaríamos co representación na XX Carreira a Pé de Lira, organizada pola Asociación Cultural Canle. A proba disputaríase nun percorrido duns 7 km pola contorna natural da zona, impóndose nela Rubén Caamaño. Por parte do Noitebra, estarían por alí, gozando da carreira e supoñemos que previamente das praias da zona, Carlos Buján, Gonzalo Silva, Víctor Cerqueiro, J. M. Mallo. A destacar o 3º posto na categoría logrado por Carlos, que non levanta o pé nin no verán. Ao final merecida sardiñada para todos como premio.

Foto: Adán R.
O xoves día 15 pola mañá, e como vén sendo costume, o Noitebra contou con participación na XXIV Carreira Popular do Concello de Cambre, pertencente ao calendario da FGA e este ano tamén ao circuíto da Deputación da Coruña. Ademais, como novidade este ano, volveron situar a saída e chegada no propio pobo, se ben o percorrido seguiría a ter unha parte importante pola zona do río Mero. Todo iso para completar en torno a 7,5 km, máis duros que en edicións anteriores e sobre todo complicados polos efectos da calor e chegada en subida. Por alí andarían, dos nosos, Amador Pena, Fleky Rodríguez, Raúl Iglesias, Belen Noya, J. M. Mallo, nunha carreira gratuíta que sempre atrae a moita xente a pesar do día festivo.

En breve, chamamento para participar nun novo evento solidario.

Clasificacións
Lira (Asociación Cultural Canle)
Cambre (FGA)

Fotos
Lira: Asociación Cultural Canle
Cambre: Correr en Galicia

Instagram

Patrocinadores

Arquivo