xoves, 26 de setembro de 2013

XII Ruta BTT Rapa Das Bestas



Ruta celebrada o 21 de setembro na Estrada, esta crónica poderíamola resumir en dúas palabras; dura e accidentada.



Perfil da ruta

Tras a Ruta do Tambre, afrontábase esta ruta con optimismo e con esperanzas de facer un tempo "decente", pero non sabíamos o que nos esperaba...
De novo unha ruta de 45 km, pero esta vez con 2000m de desnivel acumulado (o dobre que a anterior), o terreo moi seco e roto, e a "divertida" subida o Monte Cavado, durante varios kilometros con desniveis de mais do 10% continuamente, sumado os mais de 30 grados que tivemos ese domingo, fixo mella no corpo e na cabeza durante boa parte da ruta.
Ruta para castigar as pernas, e as baixadas compricadas que non daban moito para relaxarse salvo nos últimos kilometros, onde as pista de terra, e algo de asfalto, deixaban rodar a bo ritmo.
O incidente que marcaría a carreira foi a caida do noso corredor Martín Rey, cando arredor do kilometro 10, unha pedra nunha baixada fíxolle "probar" a terra; afortunadamente todo quedou nun pequeno corte na cella, e tras limpar a herida e esperar no avituallamento puido retomar a marcha e rematar a proba, inda que nos últimos kilometros un pinchazo retrasouno novamente.

Resumindo, proba dura e moi esixente, pero con ganas de repetir aspirando a facer o próximo ano o ruta de 70km.

Clasificación:




 Subindo...

Sufrindo e sorrindo a pesar do golpe

Instagram

Patrocinadores

Arquivo